A pavimentación da rede viaria interior de Bragaña comezará en marzo
Os traballos na pavimentación dos camiños desta rede viaria se levarán a cabo no mes de marzo, contando cun orzamento de máis de 20.000 euros destinados polo Concello de Cuntis. A obra financiarase con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial.
As concelleiras Conchi Campos e Ana Lourenzo mantiveron unha primeira xuntanza cos veciños de Bragaña usuarios desta vía, que puideron escoitar as principais liñas básicas de actuación.
Segundo explica o Concello, esta obra mellorará a interconexión co contorno e incidirá na calidade do tráfico para os residentes da zona.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, afirmaba que "trátase dun lugar de Cuntis que xa conta cos servizos básicos de saneamento e que agora completamos con esta mellora dos camiños da que se beneficiará un núcleo de aproximadamente 20 vivendas".
A pavimentación realizarase en formigón aglomerado en quente con triple rega asfáltica, e o seu orzamento global desagregarase en tres proxectos.
Relacionadas:
-
A Deputación inviste 5 millóns de euros en novas axudas do Plan Concellos e en cunetas transitables
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Cuntis mellora o vial da N-640 a San Mamede cun investimento de 67.000 euros
Por Redacción |
-
Cuntis solicita á Deputación a reforma integral da estrada provincial entre Portela e Souto de Vea
Por Redacción |
-
Cuntis solicita a reforma integral da EP-8401 que une Portela e Souto de Vea
Por Redacción |