O Entroido chega ao IES Sánchez Cantón coas actuacións de todo o alumnado
Profesores, alumnado, persoal non docente e ANPA do IES Sánchez Cantón uníronse este venres para celebrar o inicio do Entroido.
A xornada desenvolveuse, como vén sendo habitual nos últimos anos, cun festival de actuacións do alumnado como elemento principal do festexo.
Neste evento, alumnos e alumnas de todas as clases da ESO e bacharelato compiten por ver que curso fai a actuación máis orixinal, representando os temas máis populares da actualidade mediante bailes e performances tan divertidos como orixinais.
Desde o centro celebran que este evento siga realizándose xa que, tal e como afirman, mobiliza a toda a comunidade educativa, que se une de forma desinteresada para sacar adiante este tipo de iniciativas.
Relacionadas:
-
O Entroido de Poio bota a andar o domingo cun desfile coa inscrición aberta e operativo de tráfico especial
Por Redacción |
-
"Atopa a Ravachol", o xogo que propón Ciudadanos á veciñanza para divertirse e gañar premios polo entroido
Por Redacción |
-
O Entroido pontevedrés vívese tamén nas Galerías da Oliva con obradoiros infantís
Por Redacción |