Sanxenxo crea pistas de petanca e chave no parque do Espiñeiro
Por Redacción
En apenas uns días Sanxenxo estreará dúas novas pistas para o xogo de petanca e de chave. Estarán situadas no parque do Espiñeiro, en Portonovo.
Operarios da empresa Madeiras Doval iniciaron esta semana a construción deste equipamento, cuxa dotación se inclúe dentro do contrato de mantemento dos parques infantís do municipio, segundo destaca o Concello.
Estes traballos de mantemento, que trazaron actuacións nos 25 parques infantís e biosaudables municipais, teñen un custo de 119.000 euros. Están pensados para resolver o desgaste provocado polo paso do tempo e o uso inapropiado das instalacións.
Polo momento concluíronse os traballos no parque de Outeiro e retiráronse as pezas dos biosaudables de Areas e O Sear.
Tamén se actuou no parque de Panadeira e iniciáronse os traballos na Salgueira e O Espiñeiro, onde tamén está previsto substituír a pérgola nos próximos días.
En Dorrón mellorarase o parque infantil; en Padriñán, os parques de Miraflores e Punta Vicaño; en Adina, os parques de Baltar, Praza Pública, Espiñeiro, San Roque, Seame I, Seame II e o do campo de festas de Arra; en Noalla, os parques da igrexa de Aios, Soutullo, igrexa de Noalla e A Revolta; en Vilalonga, os parques da praza de abastos, Arnosa, Salgueira e capela de Gondar; e en Nantes mellorarase o parque de Contumil e o da igrexa.
Substitución de pezas de xogos, reparacións de elementos, eliminación de óxido ou renovación de valados e superficies son as necesidades máis recorrentes que presentan os parques do municipio, unha posta a punto que inclúe tamén tarefas de mantemento durante un ano.
Relacionadas:
-
Sanxenxo mellora os seus parques infantís con cambios no chan e xogos inclusivos
Por Redacción |
-
Sanxenxo amplía a área lúdica da Cachada cun parque biosaudable
Por Redacción |
-
Advirten de cortes de luz en Sanxenxo durante este domingo
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Conclúe a renovación da pista deportiva e as pezas de xogo do parque de Panadeira
Por Redacción |
-
Bordóns, punto de partida para a posta a punto dos parques de Sanxenxo
Por Redacción |