Rafa Domínguez propón crear en Pontevedra unha incubadora tecnolóxica de empresas
O presidente local do Partido Popular visitou este xoves a empresa tecnolóxica Livetopic, presentando as medidas económicas do seu partido para atraer empresas e potenciar a economía da cidade de Pontevedra.
Rafa Domínguez comezou a súa intervención destacando que "Pontevedra tiene problemas crónicos desde el punto de vista económico".
Entre as propostas comentadas polo representante local do PP destacaba a de "instalar a universidade no centro de Pontevedra", algo que considera fundamental para favorecer a actividade e rexuvenecer a cidade. Ademais, desde o Partido Popular ven fundamental atraer empresas para que se instalen na localidade lerezana.
"El señor Lores, en los últimos años, ha hecho todos los esfuerzos para echar empresas. No ha hecho ni una única apuesta por atraerlas", sinalaba Rafa Domínguez. Para lograr atraer a estas empresas á cidade, desde o Partido Popular propoñen a creación dun hub tecnolóxico que sexa un referente para todo o noroeste da península ibérica, tal e como apuntaba o presidente local do partido.
A aposta polas empresas tecnolóxicas ten como motivos unha serie de beneficios, entre os que destacan que son empresas ecolóxicas, nas que se pode traballar desde calquera parte do mundo e con salarios altos e competitivos, explican desde o PP. "Lo que debemos hacer es generar las condiciones de trabajo necesarias para que esas empresas se quieran instalar aquí", afirmaba Rafa Domínguez.
O candidato do PP á alcaldía poñía como exemplo dunha destas empresas a Livetopic, que recibiu ao presidente local do Partido Popular coa presenza do seu CEO Antonio Casal. "Este es un ejemplo de que en Pontevedra se pueden implantar empresas tecnológicas y pueden funcionar" avanzaba Domínguez.
Para levar a cabo a creación deste hub tecnolóxico o Partido Popular presentou unha serie de garantías para as empresas, entre as que se atopan desenvolver un plan estratéxico para deseñar cal ten que ser o futuro de Pontevedra e onde debe estar un novo parque tecnolóxico. Ademais, desde o PP ven necesario implicar á universidade para que participe neste proxecto desde todos os puntos de vista.
"Debemos, desde el ayuntamiento, generar formación específica para que estas empresas puedan desarrollarse. Tenemos que financiar y formar eventos específicos de carácter tecnológico que sirvan de punto de encuentro", apuntaba Domínguez en relación á creación do hub tecnolóxico.
Outra das medidas anunciadas foi a de poñer en marcha unha incubadora tecnolóxica municipal de empresas para poder dar apoio económico, organizativo e administrativo a todas as compañías que se queiran instalar, tal e como explican desde o PP.
En canto ás propostas económicas, desde o Partido Popular afirman que poñerán en marcha un gran número de créditos brandos para empresas tecnolóxicas e para particulares. "Creemos que estos créditos blandos pueden ayudar directamente a muchas empresas. Estos créditos serían exclusivamente para la compra de tecnología", afirmaba Rafa Domínguez, que estimaba que o orzamento para estes créditos sería de 800.000 euros.
O presidente local do PP concluía a súa intervención explicando que van propoñer varias bonificacións do imposto de actividades económicas, entre elas por aproveitamento de enerxías renovables, pola creación de emprego, polo inicio de actividade profesional e porque as empresas se trasladen a locais afastados do centro urbano.
"Creeemos que se debe subvencionar la compra de tecnológía, 20.000 euros para empresas y 5.000 euros para autónomos. Estos incentivos conseguirían atraer la figura del nómada digital. El Partido Popular apuesta por que a Pontevedra vengan empresas tecnológicas" afirmaba Rafa Domínguez na súa visita á compañía Livetopic.
Relacionadas:
-
O PP esixe "medidas activas" para revertir o "problema demográfico" de Pontevedra
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Pepa Pardo será a número dous na candidatura do PP de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PP creará unha Concellería de Medio Ambiente e Mar se goberna en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Borja Sémper, voceiro da campaña do PP: "Dá a sensación de que o de Pontevedra é un proxecto esgotado. Fai falla un cambio"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez ve "lamentables" as condicións nas que se atopa o servizo da unidade de drogodependencias
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Domínguez planifica unha campaña de proximidade e "de mucho patear"
Por Redacción |