O CIM de Marín anima a participar no 8M a todas as mulleres emprendedoras da vila
Desde o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Marín queren animar a todas as mulleres autónomas a que participen no acto institucional do 8M que se celebrará no salón de plenos do Concello.
O Día da Muller en Marín é, desde hai anos, unha palestra na que homenaxear a distintos colectivos de mulleres que "supoñen un exemplo e unha inspiración para unha sociedade na que aínda queda moito camiño por percorrer para acadar a igualdade real e efectiva", destacan desde o Concello.
Este ano, ese colectivo é o que conforman as mulleres autónomas que están ao frente de negocios propios do pequeno comercio xa que, segundo o goberno municipal, "son un exemplo de emprendemento, de traballo e de xeración de economía local imprescindible para o progreso e a riqueza da vila".
Por iso, a testemuña directa das mulleres autónomas é a que enriquece a celebración deste día. Aquelas interesadas poden poñerse en contacto co CIM a través do email cim.marin@concellodemarin.es.
Ademais, o Concello presentou a viñeta deste ano na que se lles rende homenaxe a estas mulleres, autoría da ilustradora e ceramista Abi Castillo.
Esta ilustración estamparase, como xa é habitual, nas tazas que se repartirán na mesma semana do 8 de marzo entre a cidadanía, así como noutro material de sensibilización.
Relacionadas:
-
8M | Marín celebra un acto de gratitude a "mulleres fortes, autónomas, emprendedoras, valentes e referentes"
Por Redacción |
-
A UNED celebrará o 8M cun gran acto de empoderamento e homenaxe ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
Nove veciñas de Sanxenxo inspiradoras para rachar cos estereotipos este 8M
Por Redacción |