Inicio da reforma integral do parque infantil de Rosalía de Castro
Por Redacción
Comezaron os traballos para mellorar o parque infantil de Rosalía de Castro, situado nas proximidades de Ferreirós, na parroquia de San Salvador de Poio.
Xosé Luís Martínez e Marga Caldas, concelleiros do grupo de goberno, achegáronse ata a zona para comprobar o inicio das obras que consistirán na dotación dunha cuberta para que este espazo poida ser utilizado en días de choiva. Ao mesmo tempo quérese con esta estrutura garantir a sombra en días asollados.
Tamén se renovará a superficie e estableceranse novos elementos de xogo, completando a modernización da estrutura coa incorporación de bambáns e outros materiais segundo informan desde o goberno local de Poio.
O concelleiro Xosé Luís Martínez afirma que este espazo é actualmente un punto de concentración de numerosos escolares nunha parroquia que conta con máis de 7.500 habitantes.
As obras fináncianse a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e o proxecto foi adxudicado á empresa ASAI Ingeniería por unha cantidade de preto de 178.000 euros, IVE engadido.
O prazo de execución deste proxecto é de cinco meses, polo que o goberno local agarda que estea lista para o uso durante o verán.
Relacionadas:
-
Aberto ao público o novo parque infantil de Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
Novos xogos para o parque infantil de Vilariño
Por Redacción |
-
Poio iniciará en setembro o traslado do parque infantil do Paseo das Redeiras
Por Redacción |
-
O Concello de Poio dá a coñecer o proxecto do Parque de Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
O Concello acondiciona o parque infantil da Praza da Granxa de Campelo
Por Redacción |