A Audiencia de Pontevedra rebaixa de 12 a sete anos de cárcere a pena imposta por violar a unha muller con discapacidade
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra rebaixou, en aplicación da LO 10/2022, de 12 a sete anos a pena de prisión imposta a un home por agredir sexualmente a unha muller cunha discapacidade intelectual.
O tribunal explica que, cando se ditou a sentenza, para o delito cometido a pena oscilaba entre os 12 e os 15 anos de prisión, polo que foi imposta no seu grao mínimo.
A aplicación da nova lei do "sólo sí es sí", segundo o auto, conleva unha penalidade de sete a 15 anos, polo que salienta que, aplicada a pena no seu grao mínimo, como o foi na individualización da pena na sentenza ditada que deveu firme, a pena para impoñer é de sete anos de prisión.
No xuízo celebrado en xullo de 2019, este home de nacionalidade ganesa confesou que en marzo de 2018 agredira sexualmente a unha muller cunha discapacidade intelectual do 65% á que se atopou na porta dun comercio da cidade do Lérez e aceptou cumprir por estes feitos doce anos de prisión.
O acusado levantouse ante o tribunal, recoñeceu os feitos e aproveitou para pedir perdón á súa vítima. "Síntoo", dixo, segundo a tradución realizada pola tradutora xurada designada para asistilo.
O acusado chegara a un acordo de conformidade coa Fiscalía en virtude do cal recoñeceu os feitos e beneficiouse dunha redución da condena: enfrontábase a trece anos e medio de cárcere e aceptou finalmente doce.
O relato de feitos cos que finalmente se conformou recolle que se atopou á muller á porta dun comercio da cidade de Pontevedra, mantiveron unha conversación e convidouna a tomar algo. Foron xuntos á casa del, ofreceulle unha Coca-Cola e charlaron durante un intre. Estaban na súa habitación foise ao baño e regreso co cinto desabrochado e sen camiseta e empuxouna e espiu de cintura para abaixo.
O acusado, que ten nacionalidade ganesa pero residencia legal en España, recoñeceu que ela se opuxo ás relacións e que tentou penetrala. Ademais, asumiu que sabía que a muller ten unha discapacidade intelectual do 65%. De feito, está incapacitada xudicialmente e non é quen de dar o seu consentimento para manter relacións sexuais.
Relacionadas:
-
A Audiencia rexeita rebaixar os 11 anos de cárcere impostos a un violador
Por Oskar Viéitez |
-
Rebaixan a condena a dous violadores pola lei do 'só si é si', pero non supón a súa excarceración
Por Natalia Puga |
-
Recoñece unha agresión sexual a unha muller con discapacidade, pide perdón e acepta 12 anos de prisión
Por Natalia Puga |
-
Xulgan un home por agresión sexual a unha pontevedresa cunha discapacidade intelectual do 65%
Por Redacción |