Nova convocatoria de axudas para promover actividades en favor da igualdade en Poio
Por Redacción
Silvia Díaz, tenente de alcalde e concelleira de Igualdade de Poio, avanza que se establecen este 2023 unha nova liña de subvencións específica para asociacións de mulleres coa idea de que se realicen e promovan iniciativas, campañas de sensibilización e actividades que fomenten a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; ademais de accións de prevención contra a violencia de xénero.
O orzamento é de 10.000 euros, a mesma cifra que no ano 2022. Estas axudas tramítanse por concorrencia non competitiva e foron xa aprobadas pola Xunta de Goberno Local.
Nas próximas semanas abrirase o prazo para presentar a solicitude, obrigatoriamente por vía telemática, unha vez que transcorra un mes desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. O documento xa se atopa dispoñible na sede electrónica do Concello de Poio.
As asociacións interesadas deberán formar parte do Consello Municipal da Muller, figurar no Rexistro de Asociacións e colaborar nas campañas impulsadas desde a concellería de Igualdade con motivo do 25 de novembro ou o 8 de marzo.
Silvia Díaz tamén fai un chamamento á veciñanza de Poio para que acudan á concentración con motivo do Día Internacional das Mulleres, prevista este mércores, 8 de marzo, ás portas do Concello, a partir das 13.00 horas.
Relacionadas:
-
Poio homenaxea cinco veciñas "referentes e heroínas" con motivo do 8M
Por Redacción |
-
8M | Mariscadoras a pé: elas son máis, pero tamén deciden máis?
Por Redacción |
-
Dúas citas sacan á rúa ao feminismo pontevedrés o 8M
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Corporación poiense aproba unha moción conxunta instando ás institucións a adoptar medidas en favor da Igualdade
Por Redacción |
-
Cinco mulleres "exemplos de vida" para conmemorar o 8M en Poio
Por Redacción |