O PP creará unha Concellería de Medio Ambiente e Mar se goberna en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra e candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, anunciou que se consegue ser alcalde creará unha Concellería de Mar e Medio Ambiente centrada en potenciar o vínculo entre a cidade e a ría.
Esta iniciativa forma parte dun "gran proxecto" no que traballan populares e que terá como obxectivo que a cidade "fortalezca la relación que tiene con la ría, uno de los espacios con mayor potencial que tenemos".
Esta proposta foi compartida coa patroa maior da Confraría de Pescadores de San Andrés de Lourizán, María del Carmen Vázquez en en transcurso dunha visita de Rafa Domínguez para coñecer o traballo que desenvolven as máis de 400 mariscadoras vinculadas a este ente, que no seu 80% son mulleres.
O popular cre "necesario" que exista unha persoa coordine a relación entre a ría e os colectivos relacionados con ela e a cidade.
Domínguez urxiu a dragaxe da ría xa que considera que "no es aceptable el estado en el que se encuentra este espacio y creemos que es urgente el dragado",explicou.
Ademais, cre importante conseguir bandeiras azuis para as tres praias do municipio, "mejorando las características que tienen". O destape do Gafos e a mellora da contorna da praia de Pontesampaio son outras das demandas que recolle o popular.
Relacionadas:
-
Os tres porquiños mostrarán aos escolares de Pontevedra a importancia dos bosques en Lourizán
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez reclama estudar "más en profundidad" o traslado da feira: "No se debe hacer en este momento"
Por Alejandro Espiño |
-
Borja Sémper, voceiro da campaña do PP: "Dá a sensación de que o de Pontevedra é un proxecto esgotado. Fai falla un cambio"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez propón crear en Pontevedra unha incubadora tecnolóxica de empresas
Por Álvaro Arosa Barco |