Prevista a instalación dunha carpa xigante na Festa do Petote ante a previsión de chuvia
A Festa do Petote celebrará a súa décimo terceira edición o domingo 12 de marzo. Unha decena de establecementos hosteleiros do Concello de Cerdedo-Cotobade participará de xeito activo servindo na xornada cocido co popular bolo de millo e centeo.
Esta festa contará coa tradicional degustación popular de balde na Praza da Chan, a partir das 12:30 horas, amenizada pola agrupación musical 'Charandonga' que xa unha hora antes percorrerá as rúas de Carballedo animando á veciñanza a participar na exaltación do produto gastronómico estrela.
Na xornada de exaltación gastronómica do petote participarán como establecementos colaboradores bares e resturantes que ofrecerán un cocido completo a base de costela, lacón, chourizo de carne e ceboleiro, patacas, verdura, cacheira, petote e postre a un prezo común de 23 euros por persoa.
No caso en que as condicións meteorolóxicas non sexan as axeitadas, a degustación realizarase debaixo dunha carpa. Jorge Cubela, alcalde do municipio, destacou a importancia que ten para a festa a implicación da hostelería local. Ademais, reivindicou o papel do petote como atractivo turístico e gastronómico, e a festa como elemento de dinamización económica da hostelería de todo o Concello.
Relacionadas:
-
A Festa do Petote cumpre "sobradamente" cos seus obxectivos e enche Cerdedo-Cotobade de "seguidores incondicionais"
Por Redacción |
-
A Festa do Petote colga o cartel de 'completo' no seu regreso post covid-19
Por Redacción |
-
A Festa do Petote quenta motores con máis de medio milleiro de reservas feitas
Por Redacción |
-
Gran resposta da hostalería local para afianzar a festa do Petote
Por Redacción |