A Orde do Caldo de Mourente suma cinco novos cabaleiros
Por Redacción
Mourente vive este fin de semana os seus días grandes coa celebración da Festa do Caldo, que este ano chega ao seu 31 edición. Os festexos comezaron este sábado coa imposición das capas das novas persoas que pasan a integrar a Orde do Caldo.
Javier Porras Gómez, policía de Vilagarcía condecorado coa cruz de prata da Orde de Isabel a Católica; José Luís Sarandeses Martínez, xefe do Servizo de Cultura e Festas do Concello e de Turismo de Pontevedra; José López Peña, director da residencia de maiores de Campolongo; José Luís Villanueva Vicente, patrón maior dos mariscadores de Carril; e Borja Vidal González, da Confederación de Empresarios de Pontevedra.
Son as cinco novas incorporacións á Orde do Caldo e este sábado protagonizaron o acto oficial de imposición na capa situada diante do Aguardenteiro de Mourente. Inicialmente estaba previsto que fose xunto ao carballo centenario de Santa Margarida, lugar onde se realizou a imposición de capas na primeira edición, pero tivo que cambiarse pola choiva.
O acto contou coa participación da concelleira de Promoción Económica Yoya Branco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, que xa forman parte da Orde do Caldo.
A continuación, todos os asistentes participaron nunha degustación dos produtos utilizados o domingo na Festa do Caldo.
A festa, organizada pola asociación de veciños O Castro, recobra a normalidade pre pandemia este ano. Será cunha edición que leva por lema "o que queira caldo quente, que se pase por Mourente".
Os prezos deste ano serán de 2,50 euros a cunca e 6 euros o prato.
Este domingo, o campión de Cantareiros Antonio Barros será o encargado de ler o pregón ás 13.00 horas.
Os responsables de animar a festividade mediante diversas actuacións serán A cabeza non para, Grupo Foula, Voces Amigas de Mourente e Agrupación Os Alegres.