![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/aa1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/640e0967c2-bafv.jpg)
© Concello de Pontevedra
Memoria de Elefanta presenta un novo vídeo sobre a Guerra Civil en Galicia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O programa municipal Memoria de Elefanta, creado para completar e ampliar o traballo da área de Memoria histórica, conta desde esta semana cun novo vídeo didáctico e divulgativo.
A proposta afonda na guerra de España e o acontecido durante esta na Galiza e, segundo explicou o edil de Patrimonio e Memoria histórica, Xaquín Moreda, "quixemos tentar achegarnos a un público que polo xeral está afastado destes temas e descoñece a realidade do acontecido tanto na súa cidade coma no seu país. Ao longo do último ano desenvolvemos actividades nos institutos, roteiros, video-forums e até tivemos presenza no Surfin the Lérez".
Neste caso, "desenvolvemos un guion para dar forma a un vídeo que xa está na rede". Trátase dunha peza de dez minutos onde se explica o que acontedeu durante a Guerra Civil española "cunha linguaxe clara e divulgativa, ideal para a xente moza".