
© Mónica Patxot
O Surfing the Lérez, primeira acción da campaña municipal para concienciar aos mozos sobre a Memoria Histórica

Por Redacción

© Mónica Patxot
Concienciar ás persoas máis novas acerca da importancia de coñecer a Memoria Histórica e as vítimas do Franquismo é o obxectivo da nova campaña municipal que comeza este mesmo mes cun amplo catálogo de actuacións, cunha intervención no festival Surfing the Lérez, o 24 de xuño, como punto de partida.
"Memoria de elefanta" é o lema dunha campaña que loce a este mamífero, coñecido pola súa gran memoria, na súa logo. O programa céntrase na creación e difusión de contidos dixitais adaptados ao público novo e adolescente a través de diferentes redes sociais. Tamén haberá propostas audiovisuais como un catálogo de obras cinematográficas sobre este tema ou unha serie de podcast.
Desde o Concello tratarán de facer chegar estes contidos á comunidade educativa dos colexios e institutos da cidade, aos que tamén tratarán de facer partícipes animándoos a asistir a actividades como roteiros guiados, cinefórums ou nos propios podcasts.
O primeiro dos actos terá lugar o día de San Xoán nun dos escenarios do festival Surfing the Lérez, no que está prevista a realización dun obradoiro de rap ás 19.45 horas dirixido por García MC. Ademais, representantes do colectivo Mocidade galega pola Memoria Histórica montará un posto de venda de merchandising.
No referente ao contido en redes sociais, a nova campaña centrarase en Facebook, Instagram e Tik Tok. Ademais, abrirán unha canle propia en Youtube con vídeos divulgativos, curtos e moi visuais sobre este tema.
No apartado educativo, desenvolverán unha unidade didáctica para os centros de secundaria e bacharelato despois de detectar que o currículo educativo oficial pasa no bico dos pés sobre os nomes propios dos represaliados polo réxime de Franco.
Os contidos desta campaña serán globais, aínda que, segundo precisou o concelleiro de Memoria Histórica, Xaquín Moreda, haberá tamén actos específicos centrados na historia da cidade e dos e as pontevedresas represaliadas.
Relacionadas:
-
Música e memoria histórica van da man a través de vinte estudantes
Por Redacción |
-
Memoria de Elefanta presenta un novo vídeo sobre a Guerra Civil en Galicia
Por Redacción |
-
Fin de festival co día máis 'Surfing' na Illa das Esculturas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Surfing the Lerez contra vento marea ou choiva
Por Redacción |
-
Pontevedra recupera a súa cacharela máis multitudinaria, este ano haberá fogueira en Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
Estes son os horarios do Surfing the Lérez
Por Redacción |
-
A Deputación programa a ‘Foliada da Memoria’ en homenaxe á música represaliada
Por Diana Eiras & María José Pita |
-
Tres días -con San Xoán incluído- para un Surfing the Lérez "exclusivamente galego"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Xa se pode visitar no Café Moderno a exposición 'O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Vasquida García, Dolores Trabado e Ernestina Otero ocuparán o seu lugar no espazo público de Tafisa
Por Redacción |
-
O libro disco 'Acorda', nova aposta da Deputación para que a memoria permaneza e chegue á xente nova
Por Redacción |