Así será o novo aparcadoiro disuasorio do Ameal
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado para a execución do aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido, asociados á implantación de zonas de baixas emisións, no concello de Marín.
O aparcadoiro localizarase na contorna do núcleo de Ameal e contará cun investimento de 610.630 euros.
Esta actuación, nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202, disporá dunha superficie de 3.000 metros cadrados e dun total de 82 prazas, 79 en batería e 3 en liña. Tres desas prazas serán para persoas con mobilidade reducida e haberá preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.
As prazas de aparcadoiro terán unhas dimensións de 2,5 por 5 metros, mentres que os carrís de circulación interiores disporán de 4,2 metros de anchura cun só sentido de circulación.
Paralelamente, haberá itinerarios peonís de 1,8 metros de anchura para garantir unha mobilidade segura no seu interior, zonas de arborado e alumeado público e, no bordo, as correspondentes beirarrúas.
Ademais, a petición do Concello, o proxecto incorporará unha marquesiña para facilitar o acceso e espera das liñas de autobús neste punto.
Relacionadas:
-
Inician as obras do aparcamento disuasorio proxectado nas inmediacións da Variante de Marín
Por Redacción |
-
Covsa executará por máis de 570.000 euros as obras do aparcadoiro disuasorio de Ameal
Por Redacción |
-
Seis empresas optan a executar as obras do aparcamiento de Ameal
Por Redacción |
-
O Consello da Xunta aproba o proxecto dun aparcadoiro disuasorio na estrada vella de Marín
Por Redacción |
-
O Concello, contra os proxectos da Xunta para a estrada vella de Marín: "están máis pensados en cuestións electoralistas que reais"
Por Redacción |
-
O Consello da Xunta aproba a construción dun aparcadoiro disuasorio nas inmediacións da Variante de Marín
Por Redacción |