Seis empresas optan a executar as obras do aparcamiento de Ameal
Por Redacción
A Xunta recibiu seis ofertas de empresas para a execución do aparcadoiro disuasorio que se realizará na contorna do núcleo de Ameal, no concello de Marín.
Este novo aparcadoiro emprazarase nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202 e terá unha superficie total de 3.000 metros cadrados. Disporá de 82 prazas, 79 en batería e tres en liña.
Ademais, tres desas prazas serán para persoas con mobilidade reducida e haberá preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.
As prazas terán unhas dimensións de 2,5 por 5 metros, mentres que os carrís de circulación interiores disporán de 4,2 metros de anchura cun só sentido de circulación. As obras prevén a habilitación de itinerarios peonís de 1,8 metros de anchura para garantir unha mobilidade segura no seu interior, zonas de arborado e alumeado público e, no bordo, as correspondentes beirarrúas.
Ademais, a petición do Concello de Marín, os traballos incorporarán unha marquesiña para facilitar o acceso e espera das liñas de autobús neste punto.
Esta actuación, que contará cun investimento de 647.065 euros, forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas.
Relacionadas:
-
Inician as obras do aparcamento disuasorio proxectado nas inmediacións da Variante de Marín
Por Redacción |
-
Covsa executará por máis de 570.000 euros as obras do aparcadoiro disuasorio de Ameal
Por Redacción |
-
O aparcamento disuasorio en Lourizán e o tramo de Marín, próximos pasos na humanización da PO-546
Por Redacción |
-
Así será o novo aparcadoiro disuasorio do Ameal
Por Redacción |
-
O Consello da Xunta aproba o proxecto dun aparcadoiro disuasorio na estrada vella de Marín
Por Redacción |
-
O Consello da Xunta aproba a construción dun aparcadoiro disuasorio nas inmediacións da Variante de Marín
Por Redacción |