Paninis de cabaza e queixo de cabra saborosos esta fin de semana no Ganapán
O Gastroespazo do Mercado de Abastos acollerá o sábado 18 e o domingo 19 de marzo unha nova fin de semana de O Ganapán, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 4 e 10 anos.
Os escolares elaborarán paninis de cabaza e queixo de cabra e wraps saudables, dúas comidas que conxugan á perfección sabor e saúde, xa que, nesta ocasión, os ingredientes que as compoñen son verduras.
Por outra banda, os participantes nos obradoiros tamén terán a oportunidade de confeccionar un telescopio e de aprender a elaborar uns sementeiros de prantas con caixas de ovos.
As actividades desenvolveranse entre as 11:30 e as 13:30 horas.
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, insiste en que aqueles menores que desexen asistir aos talleres deberán reservar a súa praza previamente a través do email oganapan@gmail.com, onde se solicitará que cada asistente indique as posibles alerxias ou intolerancias.
Tamén pide puntualidade aos asistentes e recomenda levar unha friameira para que os escolares trasladen os produtos elaborados ás súas casas e poidan saborealos coas súas familias.
Relacionadas:
-
Madalenas de arandos e galletas crinkles, os protagonistas desta fin de semana en O Ganapán
Por Alba Feijoo Alonso |
-
O Ganapán encherá de animais a Boa Vila con linguas de gato e tartarugas de madeira
-
O Ganapán, unha propuesta de viaxe gastronómica en tempada de Pascua
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Maruxas de nata, superheroes e superheroínas de pau, próximos protagonistas de 'O Ganapán'
Por Rosalía Rico Otero |
-
O Ganapán pon a máscara de Entroido para cinco días continuados de actividades
Por Redacción |
-
Canas de chocolate e vatrushkas, esta fin de semana en 'O Ganapán'
-
Un toque italiano en 'O Ganapán' esta fin de semana