ENCE investirá na fábrica de Lourizán "lo que sea necesario" para que sexa "competitiva"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O director territorial de Ence en Galicia, Antonio Casal, referiuse ao futuro da fábrica de pasta de papel en Lourizán asegurando que en Pontevedra "se va a invertir lo que sea necesario para que sea competitiva".
Atendendo ás preguntas dos xornalistas no transcurso da presentación este xoves do Plan Social de Ence, Antonio Casal precisou que "yo no diría que inversiones que se perdieron aquí se fueron a Navia. La interpretación no es correcta".
Ao seu xuízo, "en Navia se invirtió lo que era necesario para que fuese competitiva" mentres que "en Pontevedra se va a invertir lo que sea necesario para que Pontevedra sea competitiva" e tamén "para ahondar y potenciar los puntos fuertes de la propia planta" para conseguir o obxectivo de "tener una fábrica, si cabe, todavía más puntera".
Casal lembrou que "se invertirán unos 130 millones de euros en la próxima década" en Pontevedra "con un magnífico e ilusionante proyecto" que estará enfocado na descarbonización, a sustentabilidade ou os produtos especiais sustitutivos do plástico.
Sobre a cifra anteriormente anunciada de 395 millóns de euros, matizou Antonio Casal que esa cantidade tamén corresponde a "os investimentos previstos na modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, que agora é un proxecto de interese autonómico".
"Realmente investiríanse no medio prazo", engadiu Antonio Casal sen concretar máis o período de tempo contemplado. Nestes momentos, ""las inversiones previstas en la modificación del proyecto sectorial de incidencia supramunicipal, que ahora es un proyecto de interés autonómico".
PACTO AMBIENTAL
Antonio Casal tamén lembrou que Ence tamén mantén o compromiso co pacto ambiental subscrito coa Xunta de Galicia e que "en la medida que podamos, desde luego lo vamos a ejecutar".
Este pacto ambiental incluía o financiamento con 15 millóns de euros da nova depuradora de Praceres; a achega de cinco millóns de euros para converter o Pazo de Lourizán nun centro de referencia en investigación forestal, e a posta en marcha do plan social, retomado hoxe, con 3 millóns de euros por cada un dos 60 anos de prórroga dos que gozará a fábrica, é dicir, un total de 180 millóns.
"Nosotros cuando firmamos algo no lo firmamos para luego no cumplir", sinalou Casal, aínda que recoñece que "hay temas que no dependen de nosotros".
RECURSOS XUDICIAIS
O director territorial de Ence en Galicia, Antonio Casal, referiuse ademais aos recursos anunciados polo Concello de Pontevedra e por Greenpeace contra a sentenza do Tribunal Supremo que avala a prórroga da fábrica de Lourizán.
"En un proceso judicial cualquiera tiene de derecho a hacer lo que le parece oportuno", dixo Casal, "pero, obviamente, tenemos una sentencia judicial firme del Tribunal Supremo" polo que desde a compañía pasteira "entendemos que nuestra situación es estable, ahora mismo".
Relacionadas:
-
AENOR entrega un recoñecemento a Ence en Pontevedra por "20 anos de coidado do medioambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O beneficio de ENCE duplícase tras a sentenza do Supremo que garante a permanencia da fábrica de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
Abre o prazo para presentar reclamacións ao expediente de transmisión do Pazo de Lourizán da Deputación á Xunta
Por Redacción |
-
A APDR acode á Unión Europea contra a prórroga de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Unanimidade na Corporación provincial para traspasar á Xunta a Finca e o Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE retoma o seu plan social, que manterá "durante el tiempo de vigencia de la prórroga y del disfrute pacífico de la misma"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE, a debate na UNED da man de Patricia Vilán
Por Redacción |
-
Lores lamenta que o presidente da Xunta recomende ao Concello "que abandone o seu dereito a defender a ría"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Rueda: "Habería que deixar que ENCE poida traballar e crear riqueza con toda a seguridade xurídica"
Por Natalia Puga |