ENCE retoma o seu plan social, que manterá "durante el tiempo de vigencia de la prórroga y del disfrute pacífico de la misma"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot & Anxo Lourido
O director territorial de Ence en Galicia, Antonio Casal e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, presentaron este xoves as bases do cuarto Plan Social de Ence para Pontevedra, Marín e Poio, que volve estar dotado con 3 millóns de euros e que a empresa manterá "durante el tiempo de vigencia de la prórroga y del disfrute pacífico de la misma".
Trátase dun "compromiso" da compañía de celulosas de financiar proxectos sociais, culturais, deportivos, ambientais ou de emprendemento, que se iniciou en 2017 pero que na terceira edición interrompeuse pola pandemia e a situación xudicial da fábrica de Lourizán.
Luís López trasladou a "satisfacción" da Xunta pola continuación deste plan social porque supón a "continuidade da empresa na comarca de Pontevedra" e, por outra banda "é unha gran noticia" por "os beneficios sociais directos para clubs, asociacións e colectivos", manifestou o delegado territorial.
O representante da Xunta agradeceu a Ence "a súa implicación e compromiso", e que actuase "coa máxima celeridade", para sacar as bases "en apenas seis semanas" desde que o Tribunal Supremo confirmou a súa continuidade "e iso responde ao único obxectivo de beneficiar canto antes a clubs, asociacións e outras entidades".
Neste sentido, rexeitou que o lanzamento agora do plan social poida entenderse como un acto electoral. "Vimos demostrando que o calendario electoral non marca para nada a axenda e o devir de anuncios, actuacións e accións", asegurou Luís López que xustificou a data elixida en "atender as necesidades e a urxencia que asociacións, colectivos e entidades reclamábannos".
Pola súa banda o director territorial de Ence en Galicia, Antonio Casal, destacou que este plan é "una de las iniciativas sociales de mayor envergadura de una empresa privada en España". Nas anteriores convocatorias houbo un total de 811 beneficiarios.
"Estamos encantados de poder abrir nuevamente este plan social", resaltou Antonio Casal que asegura que se manterá "de forma indefinida" ou segundo matizou, "durante el tiempo de vigencia de la prórroga y del disfrute pacífico de la misma".
Segundo detallou Antonio Casal, o plan social destinará 900.000 euros ao deporte basee, 600.000 euros para impulso ao emprendemento e a innovación, 530.000 euros para loita contra a exclusión social, 400.000 euros para accións de recuperación e coidado da contorna, 300.000 euros para apoio á educación e a cultura e 200.000 euros para axudas veciñais.
O prazo de presentación de proxectos ábrese o vindeiro martes 11 de abril ata o 10 de maio. Poden optar a ela todas as persoas físicas e xurídicas de Pontevedra, Marín e Poio que conten cun proxecto das áreas obxecto de subvención. As solicitudes de axuda poderanse cursar a través da páxina web www.plansocialence.es.
REACCIÓN DO ALCALDE
Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra afirmou que lle parece "sumamente grave" a comparecencia deste xoves. O PP parece que utiliza a Xunta de Galicia ao servizo dunha empresa. Presenta o plan nunhas dependencias públicas e xa non gardan as mínimas formas. Paréceme gravísimo", argumentou.
O rexedor lamentou que a Xunta defenda os intereses dunha empresa determinada e que vai en contra do que eu entendo que pensa a maioría da sociedade pontevedresa".
Por último, Lores insistiu en que "os argumentos xurídicos e sociais que temos vamos a pelealos ata o último momento a pesar de esa connivencia".
Relacionadas:
-
O Plan Social de Ence Pontevedra beneficiará 306 proxectos
Por Redacción |
-
A APDR acode á Unión Europea contra a prórroga de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE investirá na fábrica de Lourizán "lo que sea necesario" para que sexa "competitiva"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lores lamenta que o presidente da Xunta recomende ao Concello "que abandone o seu dereito a defender a ría"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Rueda: "Habería que deixar que ENCE poida traballar e crear riqueza con toda a seguridade xurídica"
Por Natalia Puga |
-
Un equipo liderado por un ex ministro de Zapatero asume a loita xudicial do Concello contra ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello presenta un "incidente de nulidade" para que a sentenza de ENCE volva á Audiencia Nacional
Por Oskar Viéitez |