Un equipo liderado por un ex ministro de Zapatero asume a loita xudicial do Concello contra ENCE
Por Alejandro Espiño
Francisco Caamaño, ministro de Xustiza entre 2009 e 2011, liderará o equipo xurídico que contratou o Concello para continuar coa súa batalla xudicial contra a fábrica de Ence en Lourizán. Así o anunciou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Foi a propia asesoría xurídica municipal, segundo Fernández Lores, a que recomendou contratar ao bufete madrileño CCS Avogados para continuar con este proceso.
"Teñen recoñecida solvencia e experiencia neste tipo de procesos", subliñou o alcalde. Asumirán tanto o recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional como o incidente de nulidade que se exporá ante a sentenza do Supremo que avala a continuidade de Ence.
O propio Caamaño, catedrático de Dereito Constitucional, é un avogado especializado en dereito administrativo e constitucional. É, ademais, experto no asesoramento a medianas e grandes empresas en materia de cumprimento normativo.
Xunto a el estará un reputado xurista e maxistrado. Trátase de Ángel Juanes, ex presidente da Audiencia Nacional e ex vicepresidente do Tribunal Supremo.
Este equipo legal complétase con Almudena Fernández Carballal, catedrática de Dereito Administrativo e especializada en dereito urbanístico; e Ángel Judel Pereira e David Rodríguez Fidalgo, expertos en dereito administrativo e sectores regulados.
O rexedor pontevedrés explicadou que este bufete aceptou este encargo porque considera que "é un reto" abordar un proceso xudicial que require unha "alta especialización e saber moverse moi ben". A eles interésalles, segundo Lores, "porque hai partido".
Fernández Lores lembrou que "o que está en xogo é a viabilidade da Lei de Costas e o respecto polo espazo marítimo terrestre", así como a recuperación da ría de Pontevedra.
Para iso, o Concello recorrerá ante calquera instancia "que sexa necesaria", incluída a xustiza europea, aínda que por agora "temos que esgotar primeiro todas as vías no propio Estado".
A minuta que pagará o Concello a estes avogados será de 26.000 euros máis IVE.
Relacionadas:
-
Lores, tras a decisión do Supremo: "o Concello vai a seguir loitando por todas as vías posibles para recuperar a ría"
Por Natalia Puga |
-
O Estado tamén pide a nulidade da sentenza do Supremo sobre Ence
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR acode á Unión Europea contra a prórroga de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE retoma o seu plan social, que manterá "durante el tiempo de vigencia de la prórroga y del disfrute pacífico de la misma"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE, a debate na UNED da man de Patricia Vilán
Por Redacción |
-
Lores lamenta que o presidente da Xunta recomende ao Concello "que abandone o seu dereito a defender a ría"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Rueda: "Habería que deixar que ENCE poida traballar e crear riqueza con toda a seguridade xurídica"
Por Natalia Puga |
-
Greenpeace ve na postura do Supremo sobre ENCE unha "visión moi restritiva da protección" do litoral
Por Redacción |
-
O Concello presenta un "incidente de nulidade" para que a sentenza de ENCE volva á Audiencia Nacional
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE celebra que o Supremo "despexe a incerteza" sobre o seu futuro en Lourizán
Por Alejandro Espiño |