O Plan Social de Ence Pontevedra beneficiará 306 proxectos
Por Redacción
Un total de 306 proxectos beneficiaranse das axudas do Plan Social Ence Pontevedra, iniciativa á que a compañía destina, en cada edición, 3 millóns de euros, para "o desenvolvemento e benestar da sociedade de Pontevedra e a súa contorna".
A Comisión de Seguimento do Pacto Ambiental, da que forman parte a Xunta de Galicia e Ence, concluíu a valoración e selección dos proxectos beneficiarios. O proceso de avaliación das solicitudes presentadas a esta edición do Plan foi realizado por unha consultora externa, encargada de valorar pormenorizadamente cada un dos proxectos, garantindo o máximo rigor na selección.
Nesta edición do Plan, a área de actuación con maior número de candidaturas foi Apoio ao Deporte Base, con 138; seguida de Recuperación e Coidado da Contorna, con 52 proxectos adxudicatarios; grazas ao Plan Social tamén será posible o desenvolvemento doutras iniciativas, vinculadas á Loita Contra a Exclusión Social (43 proxectos); ao Apoio e Axuda á Educación e Cultura (29 proxectos); ao Impulso e Emprendemento e a Innovación (27 proxectos); e a Axudas Veciñais diversas (17 proxectos).
As entidades ou persoas físicas que solicitaron as axudas do Plan Social comezarán a recibir nos próximos días a comunicación de Ence coa resolución da convocatoria a través dos seus respectivos correos electrónicos.
Segundo destacou Antonio Casal, director territorial de Ence en Galicia, "unha vez máis, a convocatoria do Plan Social volve ser un éxito. O número de solicitudes, a calidade dos proxectos presentados e o seu valor para a comunidade reflicten a gran acollida desta iniciativa. Ence reitera o seu compromiso cos veciños de Pontevedra, Poio e Marín e confía en que este programa continúe contribuíndo a xerar riqueza sostible e a mellorar a calidade de vida na súa contorna".
Relacionadas:
-
AENOR entrega un recoñecemento a Ence en Pontevedra por "20 anos de coidado do medioambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
29 proyectos de apoio á Educación e a Cultura e 43 que combaten a exclusión social, reciben as axudas do Plan Social de Ence
Por Redacción |
-
Ence entrega as axudas do seu Plan Social a 17 asociacións veciñais
Por Redacción |
-
ENCE retoma o seu plan social, que manterá "durante el tiempo de vigencia de la prórroga y del disfrute pacífico de la misma"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot & Anxo Lourido |