29 proyectos de apoio á Educación e a Cultura e 43 que combaten a exclusión social, reciben as axudas do Plan Social de Ence
Por Redacción
Ence celebrou os actos de entrega das axudas aos proxectos de apoio á Educación e a Cultura e dos que de loita contra a exclusión social que resultaron seleccionados na convocatoria de Plan Social da compañía en Pontevedra.
Para a análise e selección de todos os proxectos entregados, Ence contou cunha consultora externa, que levou a cabo unha completa e detallada labor de valoración de todos os proxectos.
Representantes dos 29 proxectos adxudicatarios no eido da Educación e da Cultura acudiron ás instalacións de Lourizán, onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos.
Entre as entidades beneficiarias dos Concellos de Pontevedra, Poio e Marín, están a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra, a Asociación de Bailaríns Ballet de Marín e a Sociedade de Ciencias de Galicia, a Agrupación Folclórica Airiños de San Xulián, o Centro Cultural Ateneo Corredoira e a Asociación TREGHA, entre outras.
Estes proxectos abarcan desde entidades que traballan por manter a cultura tradicional galega, a iniciativas que fomentan a educación ambiental dos máis pequenos, como é o caso do “Horto Escolar” do Colexio Sagrado Corazón de Jesús.
LOITA CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL
Tamén recibirán axudas do Plan Social 43 proxectos de loita contra a exclusión social, para contribuir a mellorar as condicións de vida da veciñanza, con especial foco naqueles que se atopan en situacións de maior vulnerabilidade.
Estes 43 proxectos seleccionados abarcan desde entidades que traballan para mellorar a calidade de vida de persoas afectadas por algunha enfermidade e os seus coidados a iniciativas que fomentan a integración social de afectados polo alcolismo e a drogadicción, pasando polo apoio a bancos de alimentos e asociacións de atención aos máis necesitados.
A Asociación Xoán XXIII, Persoas Xordas de Pontevedra, e a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Marín, a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer, Fundación Provincial Banco de Alimentos, ou a Asociación Déficit Atención Hiperactividade Pontevedra, son algunhas das entidades cuxos proxectos resultaron beneficiarios.
Relacionadas:
-
Entregadas axudas do Plan Social de Ence para o deporte de base e proxectos de recuperación da contorna
Por Redacción |
-
Vinte e sete entidades reciben axudas do Plan Social de Ence para proxectos de emprendemento e innovación
Por Redacción |
-
Ence entrega as axudas do seu Plan Social a 17 asociacións veciñais
Por Redacción |
-
O Plan Social de Ence Pontevedra beneficiará 306 proxectos
Por Redacción |