A reforma integral do pavillón de Vilalonga prevé acabar co seu mal estado
Por Redacción
A reparación da cuberta, pensada para acabar coas continuas filtracións de auga, será unha das principais actuacións que se acometerán no pavillón de Vilalonga, unha instalación deportiva na que se realizará unha profunda reforma integral.
Neste proxecto, impulsado polo Concello de Sanxenxo e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, investiranse uns 250.000 euros.
Ademais de actuar sobre a cuberta, coas obras búscase impermeabilizar varias zonas, substituír carpinterías, reparar e pintar as zonas interiores mellorar as bancadas e a iluminación interior e exterior.
A pista deportiva, que actualmente se atopa en mal estado, tamén será renovada.
Actualmente este pavillón está a ser utilizado polo IES de Vilalonga para realizar as clases de Educación Física e tamén polo Club Sanxenxo de Balonmán para os seus adestramentos.
O club de fútbol sala Asociación Xuvenil Saraiba do Mar tamén usa este recinto deportivo, mentres está en obras o pavillón de Baltar.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, que visitou este luns o pavillón de Vilalonga xunto ao vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, destacou que con este tipo de actuacións búscase fomentar o deporte e a vida saudable "en condicións e instalacións óptimas".
Relacionadas:
-
Unha única empresa opta a executar a reforma do pavillón de Vilalonga
Por Redacción |
-
A licitación a reforma do pavillón de Vilalonga por máis de 249.000 euros
Por Redacción |
-
Listo o proxecto da reforma integral do pavillón de Vilalonga
Por Redacción |
-
Os traballos na cuberta e a fachada do Pavillón de Baltar acometeranse en xaneiro
Por Redacción |