O camiño que une Resille e O Lameiro contará con novo firme
Por Redacción
Que a vía estea en condicións de seguridade e siga dando servizo veciñal, agrícola e doméstico aos seus usuarios. É o obxectivo que busca o Concello de Marín coa actuación prevista para mellorar o firme do camiño que une os lugares de Resille e O Lameiro.
O camiño, que ten unha extensión duns 200 metros, contará cun novo pavimento que xa se está colocando.
O proxecto, que ten un orzamento de máis de 46.000 euros, será financiado pola Xunta de Galicia a través do PIR Rural, o plan autonómico de infraestruturas rurais.
Actualmente, este camiño non ten firme e está nun estado de malas condicións, chegando a ser intransitable nalgúns momentos do inverno polas chuvias.
Os traballos incluirán o acondicionamiento e a reposición dos regadíos existentes, a drenaxe e o afirmado do camiño, a demolición do pavimento existente e a roza e a limpeza da plataforma.