Cambados promove a igualdade a través dun 'scape room'
O Concello de Cambados suma unha actividade máis ao programa deseñado para conmemorar o 8M. O vindeiro domingo, 16 de abril, o Salón Peña acollerá un 'scape room' relacionado coa igualdade, a inclusión e a diversidade.
A actividade, organizada pola concellería de Igualdade, é de balde e trátase dun xogo de pistas e preguntas que leva como obxectivo saír dunha habitación pechada.
Segundo Fátima Abal, Concelleira de Igualdade, a actividade está pensada para fomentar valores igualitarios entre os máis novos a través dunha divertida iniciativa na que se poderá participar a partir dos dez anos. Os menores de idade deberán asistir acompañados dun adulto.
Todas aquelas persoas que desexen asistir poderán inscribirse ata o venres 14 de abril ata esgotar as 100 plazas dispoñibles. Deberán facelo ben de xeito presencial na oficina da Omix, a través do correo electrónico omix@cambados.es ou ben chamando ao 986 542 663.
Relacionadas:
-
Un proxecto de innovación educativa converte a aula nun ‘escape room’
Por Redacción |
-
"Tramo polo Miño Free-Style" fomentará este sábado a cultura urbana en Cambados
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Cambados recreará o mercado histórico máis importante do Salnés
Por Rosalía Rico Otero |
-
Volve a Mostra da Camelia con 30 expositores e máis de 300 variedades
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Unha festa infantil de disfraces e varios obradoiros, principais novidades do Entroido en Cambados
Por Redacción |