Morre en Terranova un mariñeiro do Villa Nores, barco 'xemelgo' do Villa de Pitanxo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un mariñeiro faleceu nas últimas horas a bordo do Villa Nores, un barco con porto basee en Marín que estaba a faenar en Terranova (Canadá).
O Villa Nores é un barco xemelgo do Villa de Pitanxo, o pesqueiro que se afundiu en augas de Terranova o 14 de febreiro de 2022, un naufraxio que se saldou con 21 falecidos.
A morte produciuse, segundo as primeiras informacións, por un accidente que se rexistrou na cuberta do barco que, como o sinistrado hai un ano, pertence á armadora Pesqueiras Nores.
O mariñeiro recibiría un golpe na cabeza. Segundo confirma a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, é un cidadán de orixe indonesio.
Tras o accidente, o buque puxo rumbo ao porto de San Xoán de Terranova.
O Villa Nores, segundo consta nos datos de navegación, partiu do porto de Vigo o pasado 16 de marzo, rumbo ao caladoiro de Terranova.
É un buque de 66 metros de eslora, nove de manga e un calado de 6,1 metros.
Relacionadas:
-
Decomisan 65 toneladas de fletán ao pesqueiro galego Villa Nores
Por Redacción |
-
Os bombeiros auxilian un condutor cuxo vehículo quedou en posición inestable ao saír da vía
Por Redacción |
-
Chegan as Festas de Cantodarea
Por Redacción |
-
Marín, unha vila mariñeira sumida na "tristeza máis absoluta"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O naufraxio do 'Villa de Pitanxo': sete mortos confirmados e catorce desaparecidos
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
Incerteza nas familias do 'Villa de Pitanxo': "Apenas nos dan información"
Por Alejandro Espiño |