Fiscalía pide oito anos de prisión para un home por abusar sexualmente dunha moza
Por Oskar Viéitez
A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou visto para sentenza un xuízo contra un mozo acusado dun delito de abuso sexual.
Os feitos que se xulgaron tiveron lugar o 17 de setembro de 2019 na vivenda doutro mozo, implicado neste caso pero que faleceu antes do seu procesamento.
A suposta vítima declarou a porta pechada. Segundo a referencia que fixo a Fiscalía do seu testemuño, a muller relatou que se atopou cos dous mozos no piso e nun momento dado os dous homes empezaron a espila o que lle provocou unha situación de bloqueo, quedándose inactiva ante os tocamentos e a pesar de detectar tal situación o procesado e o seu amigo continuaron cos seus actos ata lograr a penetración.
Despois a moza alertou do que lle acababa de suceder nun grupo de WhastApp conformado por compañeiros de traballo, acudindo dous deles a axudala. Estes dous homes explicaron ao tribunal que se atoparon á moza "en estado de shock" e "desorientada".
O fiscal pide que o acusado sexa condenado a oito anos de prisión e reclámalle unha indemnización de 20.000 euros polos prexuízos sufridos.
Pola súa banda, o acusado só quixo responder as preguntas do seu avogado, explicando que el e o seu amigo quedaran sobre as catro e media da tarde para "tomar algo" e que ao chegar á súa casa este díxolle tamén que ía ir unha amiga. Beberon alcol, xogaron e bailaron, foi entón cando, segundo declarou o acusado, a moza e o seu amigo "se liaron" e os tres decidiron manter relacións sexuais. "Ella se sacó la ropa, nadie la ayudó", dixo o procesado.
Asegurou que a moza estivo primeiro co seu amigo e logo con el ata que nun momento ela levou as mans á cara e dixo: "pero ¿Qué estoy haciendo? ¿Cómo puedo hacerle esto a mi novio?" Nese momento pararon, segundo declarou o acusado, entón a moza foise á ducha e eles recolleron todo. Despois, engadiu, estiveron os tres falando e fumando.
Este mozo negou forzar ou intimidar á moza,"nunca me dijo que parara" e "ninguno estaba borracho",engadiu. "Estoy aquí para demostrar mi inocencia. Creo en la justicia", concluíu o acusado dirixíndose ao tribunal.
Durante a vista oral tamén se recolleu o testemuño que o outro mozo prestou no seu día no xulgado no que explicaba o sucedido nos mesmos termos insistindo en que as relacións foron consentidas.
O fiscal mantivo a súa petición dunha sentenza condenatoria ao entender que "el testimonio de la víctima ha dejado acreditado que hubo una relación no consentida" e que "hubo una situación forzada que provocó un estado de shock y bloqueo de la víctima".
O representante do Ministerio Público considera que a declaración da moza é proba suficiente para alcanzar unha condena ao "reunirse todos los requisitos" como son a ausencia de incredibilidad subxectiva, a verosimilitud das manifestacións da vítima e a súa persistencia na incriminación.
"Su declaración tiene toda la credibilidad" insistiu o fiscal no seu informe no que tamén apuntou a "posibilidad clara y real de que los acusados concertasen sus declaraciones".
Na sala tamén se achegaron os informes periciais de psicólogos e psiquiatras, algúns deles do IMELGA e do CIM, que explicaron que a moza era "una persona especialmente vulnerable" e que, por mor destes feitos, sofre un trastorno de estrés postraumático crónico.
Relacionadas:
-
Acepta unha condena de dous anos de prisión por agredir sexualmente un menor
Por Oskar Viéitez |
-
Absolven un pontevedrés xulgado por abusar da súa filla de 11 anos ao non ver "significación sexual" na súa conduta
Por Natalia Puga |
-
Condenado por violar a filla da súa parella durante catro anos e darlle golpes na cabeza cando ela se resistía
Por Natalia Puga |
-
Debullando a lei do 'só si é si': do dereito de reparación social aos dispositivos de protección para a vítima
Por Natalia Puga |