O Umia volve desbordar e córtase o tráfico na estrada entre Caldas e Vilanoviña
Por Redacción
As chuvias da borrasca que afectou, durante as últimas horas, a distintos concellos das Rías Baixas obrigou a pechar ao tráfico a estrada EP-8004 entre Caldas e Vilanoviña. O corte á circulación prodúcese en Portas á altura de ponte Chaín.
No centro de Caldas, o río Umia volveu desbordar afectando a algúns baixos da localidade. Os integrantes de Protección Civil de Caldas percorreron as vivendas para alertar os veciños próximos ao río de que, como medida preventiva, retirasen os vehículos dos garaxes por se se producían inundacións. Non obstante, o desbordamento do Umia non afectou, polo dagora, á zona do casco urbano na Tafona.
En Cambados, dous baixos apareceron inundados, un vehículo enterrado en Corbillón, sete árbores derrubados e un poste de telefonía caído en Castrelo. Foi necesaria a limpeza de arquetas pola obstrución de follas que provocaron inundacións con bolsas de auga diante do Concello.
Relacionadas:
-
A Xunta asegura que o encoro do Umia "evitou inundacións máis graves" en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
As brigadas provinciais actúan de urxencia para reparar danos provocados polo temporal
Por Redacción |
-
A borrasca estraga parte das instalacións do porto deportivo de Aguete
Por Diego Torrado |
-
Cortan a rúa Otero Pedrayo ante a crecida do río Gafos
Por Redacción |