Reapertura do parque da Palmeira, adicado a Daría González
Este 20 de abril reabriuse o parque da Palmeira despois da renovación da zona verde realizada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible. Ademais colocarase unha placa que renderá homenaxe á mestra e política galega Daría González.
Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible, comenta que á hora de crear unha nova zona verde, hai que considerar as funcións que cumpren as existentes. "A un paso temos o parque de Amalia Álvarez que é unha zona verde mais ampla, que xa cumpre as funcións de parque infantil" ou tamén "a nova Pasarela sobre a vía do tren que tamén vai a cumprir unha función mais de xogo e de esparcemento", expón Puentes.
A nova instalación está enfocada a ser "un punto de encontro e socialización comunitaria", por iso instaláronse "dúas mesas con xogos tradicionais (xadrez, parchís, tres en liña...) e bancos accesibles distribuídos entre as árbores no bordo do camiño e, a petición dos veciños, construíuse un banco de obra con forma de semicírculo arredor da palmeira, quedando libre a outra metade do outeiro no que se atopa a palmeira", aclara o concelleiro.
A obra da renovación do parque da Palmeira tivo un custo de 50.000 euros, adxudicada á empresa Garocaprim SL. Este reacondicionamiento permitiu adaptar o parque á contorna, así como a introdución dos seus novos elementos.
Este proxecto está dentro da estratexia de desenvolvemento do barrio da Eiriña, sendo unha das bolsas de solo urbanizable máis importante do centro de Pontevedra, xunto coa reforma integral de Amalia Álvarez, que tivo un investimento de 60.000 euros, e coa creación dun novo parque na pasarela de José Adrio, no 12 de Novembro, cuxa investimento foi de 500.000 euros por parte do Concello e da Deputación.
Relacionadas:
-
Xa está listo o parque infantil da Praza de Barcelos despois das obras de mellora
Por Redacción |
-
O parque infantil de Santa Clara, en plena "posta a punto"
Por Redacción |
-
Eduardo Pondal, Pastor Díaz ou Almirante Matos, próximos pasos na reforma urbana de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Luz verde á sinatura do maior contrato de Parques e Xardíns da historia de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza o arranxo do xardín da Palmeira da rúa Joaquín Costa
Por Redacción |
-
Proxectan unha nova zona de xogos e un pequeno parque para cans dentro dun plan de mellora integral de Amalia Álvarez
Por Redacción |
-
Dous millóns de euros para darlle "calidez" a Loureiro Crespo e humanizar os seus espazos públicos
Por Alejandro Espiño |