Antonio Barreiro Lopo encabeza a candidatura do BNG no concello da Lama
Por Redacción
O BNG elixíu a Antonio Barreiro Lopo para encabezar a candidatura do BNG no concello da Lama.
Antonio Barreiro é enxeñeiro forestal e traballa na actualidade na banca on line.
O candidato nacionalista manifestou que "asumo esta responsabilidade con humildade, pero tamén coa valentía necesaria para poñerme a traballar, xunto cos meus compañeiros e compañeiras, para que A Lama cambie a súa dinámica, e avance".
Entre os "retos" que se marca están: "avanzar en democracia, facendo un concello aberto e transparente, que teña en conta ás veciñas e veciños. Un concello que faga fronte á invasión eólica que ameaza con estragar espazos moi significativos do noso concello, que defenda o noso medio natural e manteña en perfecto estado as vías de comunicación", afirmou o candidato nacionalista.
Además o BNG aposta por contar cunha programación cultural "estable e de calidade", aproveitando o propio tecido cultural, potenciando as festas tradicionais, "e poñendo en valor o noso rico patrimonio natural, histórico-artístico e etnográfico", afirmou Antonio Barreiro.