Homenaxe en Portas ao cartógrafo Domingo Fontán no 235 aniversario do seu nacemento
Por Redacción
Este domingo 23 de abril, a partir das 12 do mediodía, terá lugar unha homenaxe a Domingo Fontán, o matemático, cartógrafo e ilustrado nado hai 235 anos en Porta do Conde.
O acto está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas.
Despois das intervencións protocolarias en lembranza do ilustrado galego, interpretará o himno galego o Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas que dará por rematado o acto de homenaxe a este insigne fillo do concello de Portas.
Pola súa banda, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, animou á veciñanza a participar neste acto de homenaxe e memoria colectiva de todo un pobo á figura de Domingo Fontán.
"Lembramos con orgullo como desde lugares tan modestos como o noso se pode aportar ao mundo xenios e intelectuais da talla de Domingo Fontán o cal debe de ser un exemplo para as novas xeracións, as mellor formadas da nosa historia, para que emprendan o camiño da innovación, a investigación e o estudio como medio de aportar grandes cousas á nosa sociedade", indicou o alcalde de Portas.
Relacionadas:
-
Portas reivindica a "disciplina" de Domingo Fontán fronte á "fama efémera e postureo" das redes sociais
Por Redacción |
-
Alumnado de Poio e Ponte Caldelas coñecen ao autor do "primeiro rostro de Galicia"
Por Redacción |
-
Sesión de cine para coñecer o matemático que dá nome ao CPI Domingo Fontán
Por Alba Feijoo Alonso |