Programan os traballos de reparación urxente do paseo da praia do Santo
Por Redacción
O Concello de Marín informou este xoves sobre a situación na que se atopa o paseo da praia do Santo.
Fontes municipais aseguraron que xa eran conscientes de que ía empeorando e por iso decidiron tomar medidas nesta cuestión, con obxectivo de tratar de manter o paseo.
O problema que se detecta nesta infraestructura é "a súa ubicación e orientación", que provoca que sufra máis en cada inverno.
Tal e como explica o Concello, "solicitouse unha reparación de emerxencia para soster o paseo e tratar de fizar a estrutura sen xerar maior prexuizo".
Neste momento, esas obras estar xa orzamentadas e pendentes de iniciarse "á maior brevidade posible, probablemente cara finais de mes".
Cara o futuro, precísase a man de Costas, administración competente neste eido, para ser quen de realizar unha inversión máis acorde co entorno e que non se xeren máis complicacións nos invernos que veñan.