Os socialistas presentan a súa candidatura para gobernar en Bueu con Camilo Macenlle á fronte
Por Redacción
Camilo Macenlle, o candidato do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais do próximo 28 de maio en Bueu, compareceu este xoves para presentar a súa candidatura, á que definiu como "un equipo de valentes".
No acto, celebrado no Centro Social do Mar, tomaron parte a presidenta do PSdeG-PSOE, Carmela Silva, e o secretario xeral provincial, David Regades.
Camilo Macenlle preguntou se Bueu pode dicir que é un concello ben xestionado e xerador de economía e riqueza e se hai expectativas de avanzar neste camiño se continúa catro anos máis co actual Goberno local.
A sindicalista Isabel Quintás Juncal é a número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE en Bueu, tamén repite o actual edil José Manuel Vilas e un dirixente histórico como Celso Dopazo.
Ademáis incorpora a "tres estudantes da xeración Z" como integrantes da lista: Marcos Piedras, María Vilas e Aitana Fernández e integra a un veterano como Manuel Bernárdez.