Reunión dos candidatos socialistas na comarca para falar dos fondos europeos
Por Redacción
O eurodeputado Nicolás González Casares mantivo este sábado un encontro no Casal de Ferreirós cos candidatos socialistas ás alcaldías de Pontevedra, Iván Puentes; Poio, Gregorio Agís; Marín, Manuel Pazos; Campo Lameiro, Adrián Vidal; Cerdedo-Cotobade, Ana Couto; Barro, Xosé Sanmartín; A Lama, Iñaki Touriño; Vilaboa, César Poza e Bueu, Camilo Macenlle.
Nesta cita falaron dos fondos europeos que están a chegar á comarca de Pontevedra cos distintos programas que puxo en marcha o Goberno de España.
O eurodiputado destacou que estes fondos "se están a traducir en proxectos innovadores que servirán para avanzar na calidade urbana, no turismo sostible e na mellora da calidade de vida da veciñanza, contribuíndo tamén ao asentamento da poboación nas zonas máis rurais".
González Casares destacou que os 140.000 millóns de euros que a Unión Europea puxo a disposición de España "son froito do esforzo do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a pesar do intento de boicot do Partido Popular".
Relacionadas:
-
Os socialistas presentan a súa candidatura para gobernar en Bueu con Camilo Macenlle á fronte
Por Redacción |
-
"Xente nova e algúns vellos rockeiros" na candidatura do PSOE en Barro
Por Redacción |
-
Yoya Blanco repite como número 2 da lista do PSOE ás municipais e Paloma Castro regresa á política local no 4
Por Natalia Puga |
-
César Poza, confirmado como candidato do PSOE para manter a Alcaldía de Vilaboa
Por Redacción |