Yoya Blanco repite como número 2 da lista do PSOE ás municipais e Paloma Castro regresa á política local no 4
Por Natalia Puga
O PSOE converteuse este xoves no primeiro partido político en presentar a súa candidatura completa para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio en Pontevedra. Trátase dunha lista na que, acompañando a Iván Puentes como número 1, repetirá no segundo posto Yoya Blanco, actual concelleira de Promoción Económica, Turismo, Igualdade e Universidade.
A lista está carga de novidades. A primeira é a irrupción no número 3 de Manuel Fariña Casanova, profesor e secretario dos IES Frei Martín Sarmiento. Secretario de Educación e Cultura da agrupación socialista de Pontevedra, é tamén membro do Comité Provincial e do Comité Nacional do PSdeG.
No número 4 irá Paloma Castro, no que será o seu regreso á política local que deixou nas últimas eleccións autonómicas para converterse en deputado no Parlamento de Galicia.
Marcos Rey, actualmente concelleiro de Benestar Social e Animal, tamén repite posto e será o número 5 mentres que o seis vaino ocupar a artista Carmen Hermo Sánchez, catedrática de Debuxo no IES Frei Martín Sarmiento e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
A comisión executiva municipal da agrupación socialista de Pontevedra aprobou este xoves a candidatura nunha reunión extraordinaria. Agora será remitida á comisión provincial de listas para a súa ratificación.
Unha vez aprobada, o seu cabeza de lista, Iván Puentes, destacou que se trata dunha candidatura que "mestura diversas cuestións que son básicas en calquera equipo político": veteranía e experiencia na xestión municipal e incorporación en postos moi importantes de novos perfís, novas caras e de persoas que nunca formaron parte dunha candidatura electoral.
Fala, así, dunha "mestura entre a experiencia e a nova sabia de xente que fundamentalmente ven do movemento asociativo, que representan a Pontevedra real, a Pontevedra que se move, que vive cada día".
A lista é paritaria e "absolutamente cremalleira" e nela entran candidatos de menos de 20 anos, como David Fraga Garrido (estudante de Maxisterio e xogador do Pontevedra CF de 19 anos), con outros moi veteranos e "un referente na loita sindical e social e política" como o ex deputado, ex concelleiro e ex delegado do Goberno Antón Louro (71), a histórica socialista Margariña Valderrama Currás (82) ou o presidente do PSOE pontevedrés e histórico dirixente de UGT Benito Gama Calvo (79). Os tres van como suplentes, como tamén a senadora Marica Adrio.
Iván Puentes destaca que se trata dunha candidatura que inclúe persoas do mundo académico, da sanidade ou da empresa privada e que inclúe a representantes "desa Pontevedra emprendedora que pretendemos impulsar no próximo mandato municipal".
Presume, ademais, de que a candidatura responde ás "diferentes sensibilidades que hai a sociedade pontevedresa" e que "está chamada a ser a alternativa de goberno ao BNG", actual socio do PSOE en Pontevedra.
O alcaldable socialista considera que é tamén "a alternativa de goberno a este modelo de cidade que nos últimos 24 anos dirixiu os destinos de Pontevedra, que temos que preservar, pero que temos que perfeccionar e levar máis aló".
A lista complétana, a partir do número 7:
- Guillerme ‘Yeyo’ Pérez Agulla
- Alicia Rodríguez Esteban
- Ángel Mario Lago
- Margarita González Bértola
- Pedro Hermida Paredes
- Eugenia Jorge Marinero
- Beltrán Raña Criado
- Montserrat Couto Rodiño
- Fernando Baena Ozores
- Estrela Vilacoba Blanco
- Roberto Taboada Puig
- Rocío Carrera Portela
- David Fraga Garrido
- Patricia Vilán Lorenzo
- Carlos Paz Sánchez
- María Abollado Vidal
- Christian Fernández Ramos
- Paloma Rodríguez Español
- Camilo Garrido Torres
Suplentes:
- Antón Louro Goyanes
- Margariña Valderrama Currás
- Benito Gama Calvo
- Mabel Rodríguez Gutiérrez
- Jesús Miguélez García
- Marica Adrio Taracido
Relacionadas:
-
Conxura socialista para que Pontevedra "esperte" e poder "meterlle unha nova marcha" á cidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Puentes aposta por usar a Praza de Touros para actividades culturais e crear unha nova Biblioteca Pública
Por Oskar Viéitez |
-
Unha de cada tres candidaturas do PSdeG-PSOE para as municipais estrearán cabeza de lista
Por Redacción |
-
Reunión dos candidatos socialistas na comarca para falar dos fondos europeos
Por Redacción |
-
Iván Puentes presenta a súa candidatura á alcaldía como a "única alternativa real, fiable e con experiencia de goberno"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Iván Puentes: "A min que o candidato do PP en Pontevedra prometa desmantelar un equipamento sanitario máis na cidade non me sorprende"
Por Oskar Viéitez |
-
A executiva do PSOE releva a Tino Fernández e designa a Iván Puentes novo portavoz do grupo municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Iván Puentes asume a súa candidatura á alcaldía diante da Executiva Municipal da Agrupación Socialista
Por Anxo Lourido |