Denunciada unha empresa de guindastres e transportes de Vilanova por uso non autorizado de gasóleo agrícola
Por Redacción
A Patrulla Fiscal e Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra interpuxo nas últimas horas cinco infraccións á Lei de Impostos Especiais a unha empresa de Vilanova de Arousa pertencente ao sector de guindastres e transportes. Catro das infraccións débense ao uso non autorizado de gasóleo bonificado, tamén coñecido como gasóleo agrícola, en vehículos de empresa; e outra se relaciona coa non xustificación da procedencia, destino e uso do gasóleo obtido.
Os axentes da Garda Civil interviñeron dous depósitos que contiñan un total de 900 litros de gasóleo. Tamén se estableceu unha infracción do Regulamento de Impostos Especiais.
Ademais, cursáronse cinco denuncias por infracción da Lei de Industria e unha por infracción á Lei que regula o sector de hidrocarburos.
Unha vez que os axentes revisaron a matrícula dunha pa cargadora e comprobaron que non se correspondía, tamén se imputou un delito de Falsidade Documental, co consecuente precintado da pa.
As investigacións iniciáronse cando a Patrulla Fiscal de Vilagarcía investigaba a esta empresa con sede no municipio de Vilanova de Arousa. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de Vilagarcía de Arousa.
Relacionadas:
-
Un camioneiro que xa perdera todos os puntos, denunciado por non ceder o paso nunha rotonda
Por Redacción |
-
Un zulo de moi difícil acceso ocultaba 220 quilos de cocaína da última operación antidroga da Garda Civil
Por Natalia Puga |
-
Detido un veciño de Poio que furtaba paquetes de furgonetas de repartición nun centro comercial
Por Redacción |