Dúas persoas feridas ao saírse da estrada en Caldas de Reis e impactar cunha árbore e un poste
Por Anxo Lourido
Ao redor das 11.49 horas deste sábado 29, un vehículo Volkswagen Passat saíase da vía cando circulaba polo punto quilométrico 232 da N-640 ao seu paso pola parroquia de Godos no municipio de Caldas de Reis.
Segundo informa o servizo de Emerxencias 112 Galicia, o turismo impactaba contra unha árbore e contra un poste de electricidade. Un particular alertaba do accidente.
Ata o lugar desprazábanse os bombeiros do parque de Vilagarcía de Arousa. Víronse obrigados a utilizar material de excarceración para liberar unha muller, unha das dúas persoas que viaxaban no turismo.
Ámbalas persoas ocupantes do turismo foron trasladadas polos servizos sanitarios a un centro hospitalario para ser atendidas das feridas.
Desde o 112 solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061; dos Bombeiros de Vilagarcía; da Garda Civil de Tráfico; Policía Local; voluntariado de Protección Civil de Cuntis e do persoal da empresa subministradora da electricidade. Ata o lugar tamén se trasladaban integrantes das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis e de Portas.
Relacionadas:
-
Ferida unha motorista nun accidente de tráfico en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Liberan unha muller en Nantes, atrapada entre un valado e unha parede
Por Redacción |
-
Ferido un ciclista nun accidente cun coche en Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
Falece unha muller en Ribadumia tras incendiarse a cociña da súa casa
Por Redacción |
-
Liberan unha muller atrapada no interior dun coche tras dar varias voltas de campá na Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Un condutor que cuadruplicaba a taxa máxima de alcohol estrela o seu coche en Poio
Por Redacción |
-
Retencións de tráfico por un accidente sen feridos no que un coche empezou a arder
Por Redacción |
-
Os bombeiros auxilian un condutor cuxo vehículo quedou en posición inestable ao saír da vía
Por Redacción |