Máis de 40 opcións culinarias diversas no inicio do Portonovo Gastronómico
Por Redacción
Comezou o Portonovo Gastronómico - Festa da Raia en Sanxenxo con música e diversión no inicio da xornada a cargo da charanga Fanfarria Furruxa que fixo fronte á choiva e, tras amenizar á xente que se atopaba no mercado de abastos de Portonovo, continuou animando as rúas da capital do turismo onde xa numerosas persoas atopábanse nos distintos establecementos topando tapas ao mediodía.
Invasión Pirata de Troula Animación e a Charanga Os Imperiais continuaron coa festa por Rafael Picó e a Rúa dos Viños durante as primeiras horas da inauguración deste evento festivo no que participan 22 establecementos con 44 propostas gastronómicas de diferentes tipos.
Os visitantes e residentes tamén tiveron oportunidade de achegarse para ver a exposición de Ollares de Portonovo na que figuran fotos antigas da vila mariñeira.
Ao longo da tarde desenvólvense xogos populares e talleres no Parque do Espiñeiro coa Asociación Amigos da Dorna. A animación musical volverá percorrer as rúas ás 19.30 e ás 22.30 horas con Mitic Minimal pechando este primeiro fin de festa cun concerto.
Durante o domingo 30 retomarase a actividade co sorteo das primeiras estancias en Sanxenxo para dúas persoas en hoteis con spa entre os clientes dos locais participantes.
Ás 12.00 horas está prevista a concentración de motos Vespa Raiada, que partirá da Casa Mariñeira cara a Rafael Picou. A continuación, os Festicultores e Cantos Somos amenizarán a comida.
Pola tarde, a partir das 18.00 horas, o circo de Troula e a Charanga Milnove divertirán ao numeroso público que se espera durante esta fin de semana en Portonovo. Haberá tres conciertes diferentes en Rafael Picó e a Praza Méndez Núñez.
O 1 de maio finalizarán as actividades con outra xornada de numerosas actividades. Entregarase a Raia de Ouro a Carmen Uhía Rodríguez. Ás 12.15 horas sairá a comitiva da lonxa de Portonovo coas gaitas de Vos Gatiños e avanzará ata a Casa de Don Fernando onde se realizará a entrega do galardón a esta veciña que exerceu de pescantina durante moitos anos.
Relacionadas:
-
Sae a licitación a primeira fase do mercado de abastos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Satisfacción na hostalería e no Concello polo resultado do Portonovo Gastronómico
Por Redacción |
-
Carmen Uhía Martínez recibe a Raia de Ouro con aclamacións
Por Redacción |
-
Música, diversión e sabor no Portonovo Gastronómico
Por Redacción |
-
Restricións de tráfico en Portonovo con motivo da Festa da Raia
Por Redacción |
-
Portonovo recuperará a fachada marítima do miradoiro da Peixeira e a súa conexión co campo de San Roque
Por Redacción |
-
'Sanxenxo Fala' enche de cultura o municipio durante o mes de maio
Por Redacción |
-
A Festa da Raia encherá de música e animación as rúas no "Portonovo gastronómico"
Por Redacción |