O BNG de Ribadumia presenta no Auditorio a candidatura encabezada por Vanessa Fariña
Por Redacción
O BNG presentou a candidatura completa que concorrerá ás eleccións municipais en Ribadumia nun acto celebrado este xoves no Auditorio.
Numerosos veciños quixeron arroupar a Vanesa Fariña e o seu equipo neste acto que foi conducido polo número 2 da candidatura David Pereira que agradeceu tanto ás persoas asistentes como aos "compañeiros e compañeiras da organización o seu compromiso, xenerosidade e esforzo".
Tamén participaron do acto Andrés Vilas, número 3 da candidatura e a deputada no parlamento galego Montse Prado que mostrou o seu apoio e confianza nos compañeiros de Ribadumia.
A candidata do Bloque á Alcaldía, Vanessa Fariña presentou varias das súas propostas para a vindeira campaña como a mellora do centro urbán, a creación dunha escola cultural, o aumento da programación para o ocio das veciñas e veciños e a necesaria creación de vivenda pública no concello.
"Nós queremos facer as cousas doutro xeito: con humildade, escoitando a toda a veciñanza e con traballo duro", dixo a candidata nacionalista.
Completan a lista: David Pereira Rey (2), Andrés Vilas Castro (3), Paula Area Fernández (4), Julio Cores Barreiro (5), Maria Jorge Abalo (6), Jesús Pintos Cores (7), María del Carmen Domínguez Soto (8), Denís Area Fernández (9), Delia Vázquez Troncoso (10), Adonis Fernando Núñez Abal (11), María do Carme Martínez Varela (12), Francisco Javier Bugarín Román (13) e Adonis Fernandez García (Suplente).
Relacionadas:
-
Os concelleiros do PP de Ribadumia aseguran sentirse "traizoados" polo presidente provincial
Por Oskar Viéitez |
-
A fichaxe do alcalde de Ribadumia polo PP desata unha tormenta política
Por Oskar Viéitez |
-
David Castro, alcalde de Ribadumia, volve ao PP para ser candidato nas municipais
Por Redacción |