"No somos como los demás, somos Espazo Común, somos libres, somos de los vuestros"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
A formación política Espazo Común presentou este sábado no primeiro andar do Mercado de Abastos, a súa candidatura por Pontevedra para as eleccións municipais.
A cabeza de lista, María Rey, estivo arroupada neste acto polo fundador do partido, Pachi Vázquez que destacou na súa intervención que "cando chegas a unha idade dásche conta de canto tempo perdemos sen falar do que nos une", algo do que, segundo dixo, vén facer Espazo Común. "Isto non vai nin de esquerdas nin de dereitas, cada un ten a súa ideoloxía", engadiu.
Pola súa banda, María Rey insistiu en que "yo no soy como los demás" e que "sólo me preocupa Pontevedra".
Ademais asegurou que "ni yo ni mi equipo cerraremos las puertas a nadie" senón que pretenden entrar no Concello para "tirarlas abajo y abrirlas para todos vosotros". Tamén manifestou que en Espazo Común "vamos a meter la pata muchas veces pero lo que no vamos a meter es la mano".
"No somos como los demás, somos Espazo Común, somos libres, somos de los vuestros", rematou a candidata.
Como propostas principais do seu programa enumerou o apoio ao deporte base, negociar cos funcionarios municipais, escoitar aos veciños, crear máis canchas deportivas, unha piscina pública, "calles con más luz", abrir raíña Vitoria, "acabar con la privatización de los servicios públicos y dejar el capitalismo de los amiguetes", unha casa de acollida, servizos sociais "competentes" ou clases extraescolares gratuítas para as familias que non poidan pagarllas aos seus fillos, entre outras ideas.
A candidatura que encabeza María Rey complétase con Marga Soliño (2), Lucía Montoto (3), Carlos Diéguez (4), Ernesto Vazquez-Rey (5), Yolanda Corbacho (6), Damián Sueiro (7), María Del Carmen Blanco (8), Juan Manuel Gutiérrez (9), Alba María Hermida Augusto (10), César Santiago Sanmamed (11), Dora Pampín (12), Roberto Luis Díaz (13), Rut Arosa (14), Giordano Daniel Lugaresi (15), María Milagros López (16), Daniel Ferrer (17), Amal Elabboubi (18), Oliver Martínez (19), Aldara Fernández (20), Gustavo Floriani (21), María Del Carmen Coperias (22), Francisco Blanco (23), Carla Barros (24) e Juan José Raposo (25).
Relacionadas:
-
Espazo Común reclama un novo PXOM "para que la ciudad crezca"
Por Oskar Viéitez |
-
Paula Dapena, en campaña con Espazo Común: "é máis fácil dicir que é unha nena e naceu no corpo equivocado a que poida ser homosexual"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
28M | María Rey e Luisa Lores, únicas candidatas á Alcaldía, téñeno claro: "Pontevedra é un concello machista"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
28M | María Rey (Espazo Común): "Pontevedra cada vez vai a peor. Véxoa encerrada en si mesma"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O delegado de Zona Franca promete ampliar o polígono de O Campiño se Iván Puentes é alcalde
Por Manu Otero |
-
28M | Nove aspirantes e un único obxectivo: a Alcaldía de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Unhas 400 persoas maniféstanse contra o peche de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un millón de euros en axudas ao deporte base, principal promesa do decálogo deportivo de Espazo Común
Por Redacción |
-
Espazo Común presenta unha candidatura encabezada por tres mulleres "emprendedoras", "rebeldes" e "con sentido común"
Por Redacción |
-
María Rey presenta a súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra baixo o paraugas de Espazo Común
Por Oskar Viéitez |