María Rey presenta a súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra baixo o paraugas de Espazo Común

Por Oskar Viéitez

© PontevedraViva

© PontevedraViva
A exconcelleira de Cidadáns María Rey anunciou este xoves a súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra cun novo proxecto político, Espazo Común co que concorrerá ás próximas eleccións municipais de maio de 2023.
Espazo Común é un partido político galego que se identifica como "de centro-esquerda" e que foi fundado polo exsecretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) Pachi Vázquez.
Segundo precisou María Rey, "a nosa ideoloxía é municipal" e Espazo Común "nos aglutina a varios grupos independientes que tenemos como finalidad mejorar nuestras ciudades, nuestros pueblos, nuestras aldeas". "Cualquier trato que podamos llegar a hacer será con las pontevedresas y los pontevedreses", engadiu.
María Rey elixiu a fonte da Ferrería como pano de fondo para escenificar a súa volta á escena política municipal arroupada dun equipo con presenza maioritariamente feminina nos postos destacados, no que figura como número dous Marga Soliño, e tamén destacan nomes como Carlos Diéguez e Ernesto Vázquez-Rey.
Proximamente presentará á lista completa xa que agora "estamos haciendo retoques", pero adiantou que todos eles "son personas que no necesitan de la política para vivir, lo hacen por convicción".
Segundo sinalou María Rey trátase de "un equipo de profesionales, de personas de la sociedad civil que han trabajado conmigo codo con codo desde el año 2015, que hemos intentado solucionar problemas de la ciudad cada día y que jamás nos hemos negado a ayudar a nadie".
"Tenemos que dejar de dividir Pontevedra en dos grupos. Pontevedra no sólo son pijos y ceibes"
A candidata de Espazo Común sinalou que "esta ciudad necesita otro modelo de gestión" e defendeu a súa alternativa á actual política municipal, "tenemos que dejar de dividir Pontevedra en dos grupos. Pontevedra no sólo son pijos y ceibes. Pontevedra es una ciudad con un abanico mucho más amplio y todos merecen que la política se haga exclusivamente para ellos".
Durante a presentación María Rey tamén respondeu ás declaracións do alcalde de Pontevedra e candidato á reelección polo BNG, Miguel Anxo Fernández Lores que ao falar da campaña electoral prognosticou que será "a máis dura e marrullera" á que se enfrontará debido a "forzas escuras que non lle queren a Pontevedra". A este respecto María Rey limitouse a contestar que "yo ayer fui a la peluquería y me teñí un poco de rubia para que nadie me acuse de ser oscura", chanceou, "yo creo que no he sido oscura nunca, y lo que creo es que el alcalde está acostumbrado a no tener ningún tipo de nivel en política. A lo mejor ahora enfrente se encuentra a alguien que tiene más nivel que los que están".
"Nosotros salimos a ganar y la meta la marcarán los pontevedreses y pontevedresas", sentenciou.
Finalmente respecto a o seu paso por Cidadáns María Rey afirmou que "para mi Ciudadanos se murió el día que yo lo dejé" e en canto ao seu excompañero de filas e actual concelleiro non adscrito Goyo Revenga limitouse a comentar que "no le deseo ningún mal pero tampoco ningún bien".
Relacionadas:
-
28M | María Rey e Luisa Lores, únicas candidatas á Alcaldía, téñeno claro: "Pontevedra é un concello machista"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
28M | María Rey (Espazo Común): "Pontevedra cada vez vai a peor. Véxoa encerrada en si mesma"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"No somos como los demás, somos Espazo Común, somos libres, somos de los vuestros"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Alberto de Salazar presentarase á alcaldía de Pontevedra por PACMA en maio
Por Alejandro Espiño |
-
Ás voltas coa feira: propoñen situala na rúa Serra e "darlle vida á zona do mercado"
Por Redacción |
-
Espazo Común presenta unha candidatura encabezada por tres mulleres "emprendedoras", "rebeldes" e "con sentido común"
Por Redacción |
-
Vox opta pola continuidade e elixe a Manuel Torres como candidato ás municipais en Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra Alternativa estará nas municipais para canalizar o "descontento" dos cidadáns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O socialista Xoel Souto aspira a ser alcalde de Moraña como o seu avó Xosé Eiras
Por Oskar Viéitez |
-
Pachi Vázquez e María Rey estudan presentar o seu Espazo Común ás municipais de 2023
Por Alejandro Espiño |