Tres espazos naturais de Caldas, certificados como destino de turismo científico botánico
Por Redacción
O espazo natural de 3,5 hectáreas situado nas beiras do río Umia conformado pola Carballeira, os "Choróns" e o Xardín Botánico en Caldas de Reis lograba a certificación Observer, que recoñece estes tres lugares como destino de turismo botánico, grazas ao seu valor de patrimonio natural como pola xestión e conservación.
Esta contorna, segundo lembra o goberno local de Caldas, combina flora autóctona e exótica a través dunha fórmula de equilibrio.
O Xardín Botánico foi creado en 1883 e conta con douscentos exemplares arbóreos, dous deles forman parte do Catálogo de Árbores Singulares de Galicia.
A Carballeira figura como "Conxunto" dentro dese mesmo Catálogo. Ofrece ao redor de douscentos exemplares de carballos, moitos deles con máis dun século de vida.
Tamén conta cun patrimonio cultural singular no que se inclúen monumentos escultóricos, con obras dedicadas ao apóstolo Santiago, ao camiño xacobeo e a persoas de relevancia en Caldas. Nesta contorna atópase unha placa en honra a Francisco José de Caldas, "o Sabio Caldas", un científico ilustrado da vila.
Este certificado Observer outorga máis valor e visibilidade a través da ciencia a esta zona coa intención de atraer máis visitantes e que os propios residentes no municipio recoñezan a súa importancia.
Este certificado súmase a outros recoñecementos que xa obtivo o conxunto natural de Caldas de Reis como o de Ben de Interese Cultural (BIC) ou a Q de Calidade Turística como Espazo Público Singular.
Relacionadas:
-
A carballeira e o xardín botánico de Caldas de Reis logran a Q de Calidade
Por Redacción |
-
Nove fervenzas para descubrir esta Semana Santa
Por Redacción |
-
En marcha un inventario exhaustivo das plantas e flores da Carballeira de Caldas
Por Redacción |
-
Caldas retira as plantas exóticas invasoras na contorna do Umia
Por Redacción |