A Xunta require ao Concello de Poio a aprobación dun plan especial para o novo centro de saúde
Por Redacción
Persoal técnico da Xunta de Galicia, acompañado do xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e Salnés, José Flores, e de representantes do goberno local de Poio, visitaron este xoves a parcela adquirida polo Concello co obxectivo construír nela o novo centro de saúde.
A parcela adquirida correspóndese coa antiga canteira de Graña, situada na Coruxa.
Segundo sinalou o goberno autonómico, solicitouse ao Concello que redacte un Plan Especial de Dotación e Infraestruturas para permitir a urbanización desta zona. Ademais dada a extensión do terreo (case 40.000 m2), os técnicos autonómicos recomendaron a segregación dunha parte da parcela, con mellor accesibilidade, para cedela á Xunta.
Dentro desa cesión a Xunta pedirá á administración local que se encargase de executar as obras de acceso á parcela desde a estrada xeral así como as obras de urbanización e dotación de servizos como auga, enerxía, telecomunicación ou saneamento.
Cabe lembrar que o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, aprobado polo Consello da Xunta en outubro de 2021, contempla, na súa fase 1, a construción dun novo centro de saúde en Poio.
A previsión é que o novo centro de saúde, segundo os plans do Sergas, inclúa novos espazos non dispoñibles na actualidade como unha área de fisioterapia, unha área de saúde bucodental ou un despacho para traballo social. Ademais a superficie dispoñible premitirá que o novo centro conte con sala polivalente, sala de técnicas, consulta de docencia, despacho de coordinación ou salas de estar e de xuntas para os profesionais.
Relacionadas:
-
Poio volve insistir a Sanidade para que "axilice ao máximo" a tramitación do novo centro de saúde
Por Redacción |
-
A Xunta avaliará a parcela ofrecida polo Concello de Poio para o novo centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Poio formaliza a adquisición dos terreos para o novo centro de saúde
Por Redacción |