A Praza das Regas terá un nova zona de xogos, unha cancha multideporte, un parque canino e microbosques

Por Redacción
O Concello de Pontevedra destinará 175.236 euros a un proxecto de mellora paisaxística integral da zona verde da Praza das Regas, no barrio de Valdecorvos.
A intervención contempla a construción dun novo parque infantil deseñado con elementos naturais que contará con dúas zonas de xogos, unha para rapaces máis pequenos, con casiñas, escadas, elementos de xiro ou balancíns; e outra zona para rapaces maiores con pórticos de columpio, cesta e redes, e zonas de estancia con bancos e mesas situadas na sombra de arboredo autóctono.
Ademais, o proxecto incluirá unha pista multideporte na parcela norte, onde se plantarán "microbosques" para loitar contra o cambio climático.
Tamén se incorpora ao proxecto a construción dun parque para cans que dea resposta ás peticións para crear este tipo de instalacións no barrio.