Xestur adxudica dúas parcelas no parque empresarial da Reigosa por máis de 950.000 euros
Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través de Xestur, adxudicaba este mércores dúas parcelas, cunha superficie total que alcanza os 14.571 metros cadrados, pertencentes ao parque empresarial da Reigosa, no municipio de Ponte Caldelas, dos 112.000 metros cadrados ofertados inicialmente neste procedemento
A cantidade pola que foron adxudicadas sitúase en máis de 950.000 euros, segundo a información facilitada por Xestur, organismo encargado da xestión do chan de Galicia.
Esta operación sitúanse dentro do concurso de venda de solo empresarial do ano 2023 no que se adxudicaron 57.845 metros cadrados en oito polígonos industriais por preto de 5,3 millóns de euros, tras aplicarse bonificacións de entre o 30% e o 50%.
Agora Xestur ten a opción de vender de forma directa as parcelas non adxudicadas por esta convocatoria ás empresas que mostren interese por eses terreos, dentro das condicións e prezos fixados nas bases do concurso.