28M | O PP amosa o proxecto das piscinas de auga salgada na entrada do Paseo Alcalde Branco
Por Redacción
Unhas piscinas de auga salgada coas que recuperar un espazo actualmente degradado como é o cemiterio de barcos. Esa é unha das propostas estrela do programa do Partido Popular de Marín para os próximos catro anos e que contribuirá a transformación total que está a experimentar o paseo Alcalde Blanco e a súa contorna.
A alcaldesa e candidata á reelección, María Ramallo, ten por seguro que este proxecto “dará un xiro de 180 grados nos próximos catro anos grazas a todo o que traballamos nos catro anteriores”. A rexedora defende que esta actuación, lonxe de calquera outra consideración, é unha reafirmación da identidade mariñeira de Marín.
“Somos un pobo mariñeiro, as nosas raíces están arraigadas na pesca, na salitre e no mar. Recuperar un espazo que a día de hoxe se atopa tan degradado como é o cemiterio de barcos é unha peza clave do que queremos levar adiante na nova lexislatura”, expresou.
Con este proxecto, recuperarase a nivel medio ambiental ese fondo mariño, que permitirá o baño dun xeito seguro, que porá en valor toda a contorna que queda entre o Paseo Alcalde Blanco e o futuro Auditorio e que conseguirá unir o centro co mar.
“Con esta iniciativa, seguimos traballando cada día e cada hora para dar ese salto de calidade que queremos, para que o Marín do futuro sexa moderno, aberto ao litoral, agradable e con potencial”, rematou María Ramallo.
Relacionadas:
-
Envían a Costas a información para avalar ambientalmente as piscinas de auga salgada no Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción |
-
María Ramallo fixa os grandes retos de Marín para o próximo ano
Por Oskar Viéitez |
-
Unhas piscinas naturais de auga salgada, próximo paso para unir Marín co mar
Por Alejandro Espiño |