28M | Jorge Cubela reforza a súa maioría en Cerdedo-Cotobade á conta da caída do PSOE
Por Natalia Puga
Jorge Cubela seguirá sendo alcalde de Cerdedo-Cotobade polo PP. Manterá a mesma praza que ocupa desde 2011 cunha maioría absoluta aínda máis folgada este 28M.
O líder do PP sobe de 9 a 10 concelleiros e a súa porcentaxe de votos increméntase do 65,48 ao 68,83%. Ten, curiosamente, un voto menos que fai catro anos, ao pasar de 2.533 a 2.532 este domingo.
A maioría aínda máis ampla do PP conséguea á conta do PSOE, que apostou por Ana Couto como candidata e baixou de tres a dous concelleiros con respecto aos resultados de fai catro anos.
En canto á porcentaxe de votos, os socialistas perdan máis de cinco puntos, ao pasar do 25,02 ao 19,46%. Perdeu nun mandato máis de 200 votos, quedando en 716 fronte aos 968 da última cita electoral.
O BNG repite resultado, con un concelleiro, Ernesto Filgueira. Crece a súa porcentaxe de votos en máis de dous puntos e medio, cunha 11,98% fronte ao 8,71 de hai catro anos.
Relacionadas:
-
Reorganización do goberno de Jorge Cubela con críticas socialistas polas tres dedicacións exclusivas
Por Anxo Lourido |
-
Jorge Cubela alza o bastón de mando por cuarta vez, cheo de "ilusión", "compromiso" e "responsabilidade"
Por Redacción |
-
Jorge Cubela, tras ampliar a súa maioría: "Os veciños devolvéronnos todo o traballo destes anos"
Por Alejandro Espiño |