Non respondas á mensaxe cando fagan esta pregunta: "me puedes hablar por whatsapp?"
Por Redacción
A Policía Local de Poio advirte á cidadanía dunha nova estafa que era trasladada durante este venres á Xefatura por parte de residentes no municipio.
A través da rede social Whatsapp, as posibles vítimas reciben unha mensaxe que comeza cun "Hola mamá/papá". A continuación, os estafadores afirman que se están poñendo en contacto a través dun novo número de teléfono porque "acaban de robarme todo" e piden que respondan: "me puedes hablar por whatsapp?".
Unha vez que a persoa responde comeza o procedemento da estafa, segundo a Policía Local de Poio, ao aproveitarse da preocupación do familiar que, en ocasións, non comproba se esta alerta é real.
A estafa consiste en pedirlle á vítima unha gran cantidade de diñeiro para resolver o problema económico urxente e os estafadores piden unha ou varias transferencias a unha conta bancaria de maneira inmediata.
A conta bancaria tampouco é a habitual do fillo ou filla. Trátase dunha nova e os delincuentes utilizan outra escusa para xustificalo.
A Policía Local de Poio advirte á cidadanía de que nunca se envíe diñeiro sen contacto real coa persoa á que están a suplantar.
En caso de recibir este tipo de mensaxes e sufrir o engano, as persoas afectadas deben proceder a presentar denuncia na Xefatura.
Relacionadas:
-
Axentes de Marín axudan a recuperar 24.000 euros dunha ciberestafa
Por Redacción |
-
Así se loita contra a ciberdelincuencia en Pontevedra: con máis axentes e o aumento de delitos estabilizado
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Investigan dous veciños de Murcia que suplantaban a identidade dunha empresa de Sanxenxo para ciberestafas
Por Redacción |
-
Ollo á nova estafa por WhatsApp cos delicuentes facéndose pasar por un familiar en apuros
Por Redacción |