Cuíña pide a dimisión da portavoz do PP en Sanxenxo polas súas referencias ao franquismo nun Pleno
Por Redacción
O coordinador territorial de Compromiso por Galicia en Pontevedra, Rafael Cuíña, vén de "condenar sen paliativos" as declaracións realizadas pola portavoz municipal do PP de Sanxenxo, María Deza, nas que segundo esta formación, chegou a dicir durante o transcurso do pleno extraordinario e dirixíndose á oposición, literalmente "antes, en época de Franco, por su manera de hablar ustedes estarían en el calabozo esperando la pena de muerte".
Nun comunicado remitido por Compromiso por Galicia, Cuíña insiste en cualificar de "aberrantes, antidemocráticas e delitivas" ditas declaracións, polo que non lle queda outra opción, segundo o líder galeguista, que "dimitir de inmediato", porque xustificar a violencia e represión franquista nunha corporación democrática, "non se pode consentir".
Rafael Cuíña lembra que esta non é a primeira declaración pública dun membro do Partido Popular neste sentido, e cre que a dirección dos populares, "non pode mirar para outro lado" e manter como afiliada a María Deza, xa que "nin axuda a dignificar as institucións, nin axuda á convivencia e ao respecto".
Relacionadas:
-
Lamentan a "persecución" nas redes sociais a unha concelleira de Sanxenxo "por unha frase que non pronunciou"
Por Redacción |
-
Catalina González: "Non farei nin fixen nunca un negocio con cargo á política"
Por Oskar Viéitez |
-
Catalina González explicará en Pleno este luns a súa imputación na presunta trama urbanística
Por Redacción |