Dous investigados por un roubo con escalo nunha vivenda de Caldas
Por Redacción
A Garda Civil ha logrado esclarecer un roubo con escalo rexistrado nunha vivenda de Caldas de Reis o pasado mes de maio.
Axentes do equipo de Investigación da compañía da Garda Civil de Vilagarcía (EBIO), en colaboración co posto de Caldas, identificaron e manteñen en calidade de investigados a dous homes, veciños de Caldas e de Valga de 19 e 22 anos. Ambos teñen antecedentes policiais.
Ambos están considerados supostos autores dun delito contra o patrimonio.
Os feitos consistiron nun roubo con escalo coa finalidade de apropiarse de material destinado ao cerramento de leiras rústicas nunha parroquia de Caldas.
Un dos autores tiña na súa propiedade os obxectos subtraídos a noite do roubo, que puideron recuperarse.
As dilixencias instruídas foron remitidas ao Decanato dos xulgados de Caldas de Reis.