Aumentan un 20% as agresións sexuais no ocio nocturno respecto a 2022 nos primeiros cinco meses do ano
Por Anxo Lourido
A Subdelegación do Goberno acollía este venres a Xunta Provincial de Seguridade para analizar os datos de infraccións penais durante o primeiros cinco meses do ano.
Maica Larriba, subdelegada do Goberno, afirmou que eses datos mostran que as infraccións penais na provincia descenderon de xaneiro a maior ao redor do 11% en comparación co mesmo período do ano 2022. "Estamos ante unha caída importante, tanto en cidades como en municipios máis rurais", que pon de manifesto que a criminalidade se sitúa en niveis moi similares aos que se rexistraban antes da pandemia", sinalaba a subdelegada.
Mantense tamén a tendencia ao descenso dos ciberdelitos, que en anos anteriores chegaron a supoñer un terzo das actividades delituosas na provincia. A baixada supera o 30% respecto ao ano pasado e representa o 20% do total das infraccións. Maica Larriba considera importante as campañas de información da Garda Civil e da Policía Nacional para concienciar á cidadanía de tomar precaucións á hora de realizar xestións por internet.
Os roubos en vivendas caeron un 25% en relación co 2022. Existe un repunte leve no roubo de vehículos, que supera o 1% e un incremento moi lixeiro nos pequenos furtos ao descoido, principalmente vinculados a persoas toxicómanas, segundo os mandos convocados á reunión.
Baixaron tamén os delitos de lesións vinculados ao lecer nocturno nun 30%, aínda que se rexistra un aumento próximo ao 20% de agresións sexuais que se producen maioritariamente nese ambiente festivo.
No municipio de Pontevedra, o total de infraccións penais descendeu un 7,23%, baixando principalmente os roubos con forza en vivendas e establecementos (-16%) e a ciberdelincuencia (-50%). Con todo aumentan lixeiramente os furtos leves.
En Marín rexístrase un descenso de infraccións penais nun 28%. Os roubos en vivendas redúcense nun 50% na vila do mesmo xeito que os roubos de vehículos. Destaca un notable descenso de ciberdelitos sendo uns 86% inferiores aos rexistrados en 2022 e os furtos leves tamén caeron un 25%.
En Vilagarcía subiron as infraccións penais un 8%, cunha subida en delitos de danos e de pequenos furtos, aínda que os delitos cibernéticos tamén se reduciron en máis dun 50% e os roubos en vivendas un 46%. Segundo a subdelegada, a presión policial logrou que se incrementasen as detencións e postas ao dispor xudicial nun 8%, cun esclarecemento de delitos que alcanza o 18%.
TRÁFICO
Tamén se trataron os datos de accidentes de tráfico. No período de xaneiro a maio producíronse 9 falecementos nas estradas da provincia e 34 accidentes con feridos de gravidade.
Segundo Maica Larriba, de confirmarse esta tendencia manteríase o descenso de vítimas mortais que se recolle desde o ano 2019 nas vías de Pontevedra.
No encontro participaron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal; o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez, o xefe do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, Juan José Díaz e responsables do subsector de tráfico da Garda Civil de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Un guardia civil, detido tras reter unha muller no seu domicilio en Carril e ameazar a axentes da Policía Nacional
Por Redacción |
-
Maica Larriba advirte do perigo dunha regresión a un pasado "no que estas agresións e os asasinatos de mulleres considerábanse un problema privado"
Por Oskar Viéitez |
-
Detido un mozo de 20 anos por propinarlle unha puñada no estómago e agredir cun pau a súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Do explosivo nun caixeiro aos artefactos terroristas e a munición perdida da Guerra Civil, todo pasa polas súas mans
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dous investigados por un roubo con escalo nunha vivenda de Caldas
Por Redacción |
-
A colaboración cidadá axuda a deter "in fraganti" tres persoas que tentaban roubar nun local hostaleiro de Marín
Por Anxo Lourido |
-
Roubo entre rascadelas e empuxóns para levar unha crema de 105 euros na rúa Oliva
Por Natalia Puga |
-
Incautan cocaína e cen mil euros en xoias ao grupo criminal desarticulado en Pontevedra e Ourense
Por Redacción |